Presentación aval bancario

Toda persoa física ou xurídica que deba constituir un aval bancario ante o Concello de Fene deberá presentalo no Rexistro Xeral do Concello.

Os avais deberán de ir acompañados dun escrito onde figuren os datos persoais da persoa física ou no seu caso, dos datos do representante da persoa xurídica que o presenta. Farase referencia ademais neste escrito a licenza ou contrato que corresponde o aval que se achega.

Lugar de solicitude

Casa do Concello [Rexistro Xeral, 1º andar] Avda. do Concello s/n. - 15500 Fene

Teléfono: 981 492 707, Extensión: 205

Horario de atención ao público: de luns a venres de 8:30 a 14:30

Áreas
Descargas