Fene Comunica

Canle de WhatsApp do Concello de Fene

Procedemento para darse de alta e baixa 

Para xestionar a alta na canle de WhatsApp do Concello de Fene as persoas interesadas deben:

1. Gardar como contacto no seu móbil o número 648 913 528 como Novas Fene

2. Enviar un WhatsApp co texto ‘ALTA FENE’. Non é necesario identificarse.

3. Logo, recibirán unha mensaxe confirmando a alta no servizo.

Con este procedemento, os usuarios/as dán o seu consentimento para recibir desde o Concello de Fene información relativa a: novas, incidencias e avisos urxentes, bandos, eventos/convocatorias deportivos, socioculturais e turísticos.

Os usuarios/as recibirán un máximo de dúas alertas ao día, a non ser que existan avisos urxentes.

Para darse de baixa, as pesoas usuarias, deberán enviar unha mensaxe ao WhatsApp co texto “BAIXA FENE” e deixarán de recibir a información.

Método de difusión

Os usuarios e usuarias do servizo non poderán ver os datos e información do resto de persoas xa que as novas se envían a través dunha lista de difusión.

O Concello de Fene é o administrador do servizo, co que será o propietario do mesmo e desde onde se remitirán as mensaxes.

Normas de uso

É unha canle de comunicación unidireccional polo que as persoas que se den de alta no servizo non poderán enviar mensaxes de resposta nin realizar consultas.

Este servizo non servirá para atender demandas, queixas nin suxestións.

Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas.

O incumprimento das normas suporá a baixa automática e bloqueo por parte das persoas administradoras.

Contacto

CONCELLO DE FENE

P1503600G

Praza do Alcalde Ramón José Souto González s/n- 15100 Fene (A Coruña)

Teléfono: 981 340 366

Correo electrónico a efectos de comunicación: catic@fene.gal

PROTECCIÓN DATOS:

De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos, infórmase á persoa interesada, quen presta o seu consentimento, que o Concello de Fene, en calidade de Responsable do tratamento, con NIF P1503600 G e domicilio na Praza do Alcalde Ramón José Souto González s/n Fene, tratará o seu número de teléfono, coa finalidade de incluílo nunha lista de difusión de noticias de interese para a cidadanía. A base de lexitimación para o tratamento dos seus datos é o seu consentimento expreso, podéndoo revogar en calquera momento sen prexuízo da solicitude dos tratamentos realizados ata ese momento. WhatsApp pode transferir datos dentro da familia de empresas de Facebook e a terceiros, incluídos os provedores de servizos e outros socios.Os seus datos serán conservados ata que revogue o seu consentimento. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad así como a limitación do seu tratamento dirixindo un escrito ao Responsable, á dirección arriba indicada ou ben no correo electrónico dpd@fene.gal, acreditando a súa identidade.

 

 

Descargas