Adicacións parciais

Corresponde ó Pleno, a proposta do Presidente, e dentro da consignación global a tal fin contida no orzamento, determinar a relación de cargos da Corporación que poderán desenvolverse en réxime de adicación exclusiva e parcial e, polo tanto, con dereito a retribución, así como as contías que correspondan en atención ó seu grado de responsabilidade e adicación (art. 75.2 da LRBRL e 13.4 ROF).

 

 

No Pleno, en sesión 19 de febreiro de 2020, adoptou o seguinte acordo

-Alcalde-Presidente: dedicación parcial de 25.000 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesa contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 60% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 1: dedicación parcial de 19.100 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 80% da xornada laboral.
- Concelleiro/a 2: dedicación parcial de 18.100 € brutos anuais distribuídos en 12 pagas mensuais e dúas extraordinarias da mesma contía nos meses de xuño e decembro. O réxime de dedicación mínima diaria será do 75% da xornada laboral.

Por Resolución da Alcaldía 697, adoptouse o seguinte acordo:

Determinar os seguintes membros da Corporación que exercerán as súas funcións con dedicación parcial:

-Alcalde-Presidente: Juventino José Trigo Rey
-Concelleiro/a 1: Alejandra Permuy Meizoso
-Concelleiro/a 2: Mª Ángeles Coira López

 

Descargas