Os membros da Corporación que non desempeñen cargos en réxime de adicación parcial percibirán, pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte , as asistencias que de seguido se indican:
- Sesión ordinaria Pleno: 500,00 €/sesión.
- Sesión extraordinaria Pleno: 100,00 €/sesión.
- Xunta de Delegados: 350,00 €/sesión.
- Xunta de Goberno Local: 30,00 €/sesión.
- Comisión Informativa/Especial contas: 50,00 €/sesión
O pago das asignacións realizarase previo certificado da Secretaría da Corporación ou informe do/a funcionario/a que exerza a secretaría da sesión do órgano colexiado da asistencia efectiva de cada un dos membros da corporación municipal ás correspondentes sesións.
En caso de concorrer dúas ou máis sesións de calquera dos órganos indemnizables no mesmo día cuxa hora de inicio, segundo a convocatoria, non difira en máis de tres horas, o/as Sre/as. concelleiros/as de que se trate percibirán a cantidade correspondente a unha soa sesión, aplicándose a sinalada á de maior contía.
Fíxase un máximo anual de indemnizacións por asistencias a determinados órganos colexiados de acordo co seguinte:
– Sesións extraordinarias do Pleno da Corporación e Xunta de Goberno Local: máximo indemnizable 10 sesións por exercicio, a excepción do ano 2023 no que serán só indemnizables, como máximo, 4 sesións que se celebrasen a partir da adopción do presente acordo.