Comisións especiais

A Comisión Especial de Contas estará formada polos membros da Comisión Informativa de Dinamización Económica.

O Pleno do Concello de Fene acordou, na sesión do 7 de xullo de 2015, a creación da comisión especial de contas, á que lle corresponde o exame, estudo e informe da Conta Xeral e das demais contas anuais.

De conformidade có disposto nos artigos 20.1 e) e 116 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 51 do Regulamento orgánico do Concello de Fene créase a Comisión especial de contas.

A Comisión especial de contas terá as competencias previstas no artigo 116 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e no artigo 51 do Regulamento orgánico municipal.