Concellarías delegadas

Delegacións xenéricas

  • Aprobado por resolución da alcaldía 145/2020 de delegación de áreas de giberno
  • Resolución da Alcaldía 638/2022, que acorda tomar coñecemento renuncia
  • Resolución da Alcaldía 690/2022

As delegadacións xenéricas de cada unha das áreas de goberno do Concello de Fene son:

I Delégaselle a Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio o concelleiro Justo Martínez Ardá

II Delégaselle a Área de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación veciñal á concelleira Alejandra Permuy Meizoso.


III Delégaselle a Área de Dinamización Económica Manuel Polo Gundín


IV Delégaselle a Área de Dinamización Social e Transparencia á concelleira Mª Carmen Martínez Rodríguez.

 

As delegacións xenéricas acordadas no apartado anterior suxeitaránse ó seguinte réxime xurídico:

a) Abarcarán a facultade de coordinar as diferentes subáreas nas que se divide cada área, dirixindo os servizos correspondentes, sen prexuízo das facultades de xestión encomendadas aos delegados especiais, pero sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

b) A Alcaldía poderá revogar en calquera momento as delegacións efectuadas seguindo as mesmas formalidades aplicadas para outorgalas.

c) A Alcaldía poderá avocar en calquera momento a competencia delegada de acordo co que dispón o artigo 14 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

d) Corresponderá á Alcaldía resolver las posibles dúbidas que se formulen en relación coa aplicación desta resolución.

Delegacións especiais

As delegacións especiais ós seguintes concelleiros/as que a seguir se relacionan, para os servizos que igualmente se sinalan:

 

I Conferir a delegación das subáreas de Urbanismo e Vivenda (Área de Desenvolvemento Territorial e
do Medio) e Facenda e Patrimonio (Área de Dinamización Económica) ao concelleiro Manuel Polo Gundín.
II Conferir a delegación das subáreas de Obras e Medio Ambiente (Área de Desenvolvemento Territorial e do Medio) ao concelleiro Justo Martínez Ardá.
III Conferir a delegación da subárea de Servizos (Area de Desenvolvemento Territorial e do Medio) á
concelleira Alejandra Permuy Meizoso

IV Conferir a subárea de Deportes, o servizo de Radio municipal e a implementación de medidas de transparencia na xestión municipal (Subárea de Información cidadá e transparencia da Área de Dinamización Social e Transparencia) á concelleira Cristina García Moroño.

V Conferir a delegación da subárea de Formación e Emprego (Área de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación veciñal) á concelleira Cristina García Moroño. 

VI Conferir a delegación das subáreas de Persoal, Seguridade e Participación Veciñal (Área de Dinamización do Emprego, Seguridade e Participación veciñal) e os servizos de dinamización da páxina web, adaptación administrativa e impulso das novas tecnoloxías e OMIC ((Subárea de Información cidadá e transparencia da Área de Dinamización Social e Transparencia) á concelleira Alejandra Permuy Meizoso.

VII Conferir a delegación da subárea de Promoción Económica (Área de Dinamización Económica) á concelleira Mª Ángeles Coira López.

VIII Conferir a delegación das subáreas de Benestar e Igualdade, Xuventude e Ensino (Área de Dinamización Social e Transparencia) á concelleira Mª Carmen Martínez Rodríguez

IX Conferir a delegación da subárea de Cultura (Área de Dinamización Social e Transparencia) ao concelleiro Justo Martínez Ardá.

 

As delegacións especiais efectuadas no apartado anterior, enténdense conferidas como delegacións da dirección e xestión interna dos servizos, pero non inclúen a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.

O/A Concelleiro/a que ostente a delegación xenérica da área á que pertence o servizo, terá a facultade de supervisar a actuación dos/as concelleiros/as con delegacións especiais.

Descargas
Ligazóns