O Verán Máis Alá! ten os seus propios valores engadidos que transmite desde o seu nacemento, no conxunto destes valores atópanse a igualdade, a participación, o traballo en grupo, a integración e a diversidade. O obxectivo principal é sempre o de aprender dun xeito divertido e diferente no tempo de lecer.

Para quen non coñeza este campus lingüístico, contarvos que Verán Máis Alá! é:

  • Un espazo lúdico-educativo que oferta actividades de calidade, para divertirnos e aprender durante as vacacións.
  • Un programa dirixido a aquelas persoas con fillos e fillas escolarizados en educación infantil e primaria que:
  1. Precisen espazos e iniciativas que lles axuden a conciliar a súa vida persoal, laboral e familiar.
  2. Estean interesadas en participar desta actividade porque procuran un xeito diferente de aproveitar o tempo de lecer.
  • Un tempo e un lugar de dinamización e xogo para a lingua galega.

Contaremos con actividades diversas nas que se traballarán diferentes campos da pedagoxía: o deporte, a arte, a lingua, a informática e a ciencia; sen esquecer a promoción e uso do galego como eixo de unión das nosas actividades.

Dirixido

Nenos e nenas escolarizados en educación infantil e primaria (idades de referencia, de 3 a 12 anos), que teñan moitas ganas de xogar, rir e aprender cousas novas.

Requisitos

En caso de que non se cubran as prazas nesta convocatoria poderá prorrogarse o prazo ata a data fixada para o comezo de cada obradoiro.

Lugar de solicitude

As inscricións realizaranse no Departamento de Cultura, Ensino, Deportes, Xuventude e Turismo.

Avda. Naturais, 44, Entresollado dereita - 15500 Fene

Teléfono: 981 340 366 / Fax: 981 492 788

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas

Áreas