Deporte

Novas

  • Horarios tempada 2026/2027 nos pavillóns municipais

    Unha vez rematado o prazo de solicitudes para  esquipos Federados inscritos no rexistro municipal de entidades de Fene, a Concellería de Deportes publica os horarios concedidos nos pavillóns da Xunqueira e O Ramo para a tempada 2026/2027.

    A partir do luns 21 de setembro e até o día 26 os equipos, clubs de fóra de Fene e particulares poden solicitar as horas libres que quedaron. Para isto deberán cubrir as follas de solicitude achegadas e entregala por rexistro (tanto presencial como telemático) nos prazos previstos.

  • O 1 de setembro a Piscina Municipal abre a súas portas para nado libre e adestramentos de clubs.

    O Departamento de Deportes informa da apertura ao público da Piscina Municipal de Centieiras a partir do vindeiro 1 de setembro. A instalación quedará habilitada para a práctica do nado libre, así como para o desenvolvemento dos adestramentos solicitados polas entidades e clubs deportivos que formalicen a correspondente reserva de espazo.

  • O domingo 6 de setembro Fene celebrará a XXXII edición do Día do Deporte na Rúa

    O evento, celebrarase o domingo, 6 de setembro, despois do seu aprazamento no mes de xullo por vaga de calor e desenvolverase na contorna da Avenida do Tarrío, a rúa San Salvador e o CCRD de Perlío en horario de mañá.

Ver máis