Conta atrás para o III Torneo de Xadrez Memorial José Ardá

Conta atrás para o III Torneo de Xadrez Memorial José Ardá

A AVV de Limodre acollerá o domingo 15 de novembro o III Torneo de Xadrez Memorial José Arda, organizado polo Concello de Fene xunto coa Escola de Xadrez da Galicia Norte e a Escola Ferrolá de Xadrez. O certame desenvolverase a partir das 11 da mañá, con sesións ás 11, 12 e 13 horas, e de tarde, ás 16, 16.45, 17.30 e 18.15 horas, e cun ritmo de xogo de 15´ finish máis 5"/xogada.

O sistema de xogo que se contempla neste III Torneo de Xadrez é suizo a 7 sesións.

Aos participantes non federados facilitaraselle a licenza federativa de balde (sendo preciso faciligar á organización una copia do DNI, polas duas caras, ou do libro de familia).

Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías senior, veterán(+60), sub 18, sub 16, sub 14, sub 12 e sub 10. Na clausura sortearánse 5 vales de compra dunha pizza en Pizzería Carlos de Naron

O prazo de inscrición está aberto, até media hora antes do comezo da competición, podendo realizarse por correo electrónico (xoanrei@gmail.com) ou por teléfono 655 796 421.

Máis información na web https://xadrezferrola.gal/ e www.info64.org

Descargas