Escolas,cursos e obradoiros

Unha ampla oferta de escolas deportivas, municipais ou conveniadas, distribuídas por todo o Concello funcionan cunha media de 3 horas semanais durante o curso escolar. Completa a oferta formativa a organización de cursos e obradoiros específicos que se desenvolven basicamente nos períodos vacacionais.

A matriculación nas Escolas ten lugar na primeira quincena de setembro e a oferta de actividades estrutúrase en tres grandes modalidades:

  • Escolas municipais, dirixidas á poboación de todas as idades. Teñen lugar nas instalacións deportivas municipais.
  • Escolas Conveniadas, promovidas polo asociacionismo deportivo en colaboración co concello. Teñen lugar no resto das parroquias e van dirixidas á poboación en xeral.

A organización de cursos e obradoiros ten carácter puntual, por regra xeral en períodos vacacionais e a súa convocatoria anúnciase neste web.

Descargas