Novas

26-08-2026 -

Horarios adestramento

Unha vez rematado o prazo de solicitude para adestrar no Campo de fútbol Os Pinares durante a Tempada 2026/2027 e no pavillón A Xunqueira durante a pretempada (1 a 30 de setembro) 2026/2027, fanse públicos os horarios de adestramento para clubs federados do Concello de Fene nos mencionados periodos.

As horas libres no pavillón A Xunqueira durante o mes de setembro poderán ser solicitados tanto por particulares como por outros clubs ou sociedades doutros concellos. Para isto deberán cubrir a folla de solicitude e entregala por rexistro (tanto presencial como telemático) a partir das 8:00 horas do 27 de agosto de 2026.

Os prazos para entregar as solicitudes de adestramento da Tempada 2026/2027 tanto no pavillón A Xunqueira e
como no pavillón O Ramo para os clubs federados de Fene continúan abertos ata o 16 de setembro.
24-08-2026 -

O Concello de Fene mellora o cubo do muíño do Parque Lineal e programa a limpeza dos ríos urbanos para setembro

O Concello de Fene está a executar estes días os traballos de limpeza e acondicionamento do cubo do muíño situado no Parque Lineal do río Cádavo, unha actuación que permitirá mellorar o estado de conservación deste espazo e recuperar elementos que levaban anos sen funcionar.
As intervencións inclúen a limpeza integral do cubo, o seu acondicionamento para evitar filtracións de auga e a renovación do sistema de iluminación. O obxectivo é poñer novamente en valor este elemento patrimonial e ambiental do Parque Lineal, mellorando tanto a súa imaxe como as condicións de conservación, seguridade e desfrute por parte da veciñanza.
24-08-2026 -

As citas para apuntarse nas prazas libres das escolas deportivas e culturais municipais comezarán a darse o día 7 de setembro

As citas poderán solicitarse a partir do 7 de setembro e o prazo de matrícula presencial estará aberto do 10 ao 17 de setembro. Será obrigatorio pedir cita previa para facer o trámite, que se centralizará no pavillón da Xunqueira.
Para solicitar CITA PREVIA temos que ter en conta os seguintes prazos:

Residentes e escolarizados/as en Fene: Días 7 e 8 de de setembro de 9:00 a 14:00 horas
Poboación en xeral: 9 de setembro. De 9:00 a 14:00 horas
A cita solicitarase nos teléfonos: 981 492 804 / 607 626 812
21-08-2026 -

Exposición Ramón Otero Pedrayo

A Casa da Cultura acollerá do 25 e agosto ao 11 de setembro unha exposición sobre Ramón Otero Pedrayo, (1888 - 1976). Poderá visitarse de 10.00 a 14.15 h na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene.
A exposición foi producida pola Editorial Galaxia para a Fundación Penzol e a Cátedra Otero Pedrayo da USC e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
A mostra, de carácter divulgativo, percorre a vida e os fitos máis salientables nas múltiples facianas do chamado “patriarca” das letras galegas, a partir de catro seccións cronolóxicas.
20-08-2026 -

O campo municipal Os Pinares acolle este sábado o III torneo de fútbol do Concello de Fene

O Campo Municipal Os Pinares (Perlío) converterase este sábado 22 de agosto no escenario da terceira edición do Trofeo de Fútbol Concello de Fene. A competición, concibida como un triangular amigable de pretempada, reunirá ás tres entidades deportivas de referencia do municipio: o Cultural Maniños SD, o CCRD Perlío e a SD Barallobre. As actividades darán comezo ás 18:30 horas e a xornada contará con acceso libre e gratuíto para todo o público asistente.
18-08-2026 -

Fene estreará a finais de agosto o I Festival Intercéltico “Fene Interculturas”

O Concello de Fene e Airiños de Fene organizarán os vindeiros 29 e 30 de agosto o I Festival Intercéltico "Fene Interculturas", unha nova iniciativa cultural que nace coa vocación de converterse nun referente para a promoción da música e das tradicións populares de Galiza e doutros territorios da cultura atlántica.

O festival foi presentado na Casa do Concello, nun acto no que se puxo de manifesto a importancia desta primeira edición como unha aposta por afortalar a identidade cultural, favorecer o intercambio entre agrupacións e achegar a música tradicional á veciñanza de todas as parroquias.
17-08-2026 -

Fene reivindica a memoria democrática no Día da Galiza Mártir cunha homenaxe a Ramón José Souto e a inauguración da exposición “Castelao e a maldición do franquismo”

O Concello de Fene conmemorou esta mañá o Día da Galiza Mártir cun acto institucional que combinou a inauguración da exposición “Castelao e a maldición do franquismo” e a tradicional homenaxe a Ramón José Souto González, alcalde de Fene asasinado pola ditadura franquista tras o golpe de Estado de 1936.
A xornada comezou na Casa do Concello coa apertura da mostra promovida por Emisoras Municipais Galegas, na que participaron a alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, representantes das entidades colaboradoras e os autores da exposición, a profesora Anxos García Fonte, responsable do guión, e o ilustrador Carlos Sardiña, autor do deseño.
17-08-2026 -

Atención Especializada en Alzhéimer e outras Demencias

As persoas interesadas no curso gratuíto de Atención Especializada en Alzhéimer e outras Demencias que se realizará os días 1 e 3 de setembro, de 16.00 a 18.00 h, deberán de formalizar a súa inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais -981 342607/981 49 27 06 ou correo servizos.sociais@fene.gal.
13-08-2026 -

Fene conmemorará o Día da Galiza Mártir cunha homenaxe a Ramón José Souto e a inauguración da exposición “Castelao e a maldición do franquismo”

O Concello de Fene celebrará o vindeiro luns 17 de agosto, ás 13.00 horas, os actos institucionais con motivo do Día da Galiza Mártir, unha xornada dedicada á memoria das vítimas da represión franquista e á defensa dos valores democráticos.
11-08-2026 -

Fene incorpora a memoria de Moncho Reboiras ao seu espazo público cunha escultura en San Valentín

O paseo marítimo de San Valentín acolleu este mediodía o derradeiro acto da conmemoración do 50 aniversario do asasinato de Xosé Ramón “Moncho” Reboiras a mans da ditadura franquista. Durante o acto inaugurouse unha escultura, de Xoan Carlos Portos, dedicada á súa memoria, que pasa a formar parte do espazo público de Fene como lembranza permanente da figura do militante nacionalista e sindical e da súa loita contra a ditadura.