Dirixido a menores de 30 anos inscritas/os no Fondo Nacional de Garantía Xuvenil
Formación en técnicas de uñas e cellas
Curso gratuíto de 150 h. Prazas limitadas
22-09-2026
A Cámara de Comercio, Industria, Servizos de Navegación de A Coruña vai realizar nas súas instalacións en Ferrol esta formación, enmarcada dentro do Programa Talento Joven, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Traballo e Economía Social , destinada a menores de 30 anos inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A inscrición no rexistro do programa de garantía xuvenil é un requisito indispensábel para poder participar neste curso. Para formalizalo accédese a través do seguinte enlace:
Sepe.es/HomeSepe/Personas/encontrar-trabajo/Garantia-Juvenil/que-es-garantia-juvenil.html
Os requisitos para inscribirse no programa de garantía xuvenil son:
Estar empadroado/a en calquera localidade do territorio nacional español.
Ter máis de 16 anos e menos de 30, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Non estar realizando accións formativas nin educativas.
Non ter traballado no día natural anterior á data de presentación da solicitude
Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil
Este curso realizarase nas Instalacións de Cámara de Comercio en Ferrol:
Rúa/ María, 158, 15401 Ferrol, A Coruña
DATAS FORMACIÓN TRONCAL: do 01 ao 16 de outubro
DATAS FORMACIÓN ESPECÍFICA: do 19 de outubro ao 12 de novembro.
HORARIO DO CURSO: 9 a 14.30 horas
Para solicitar cita na Cámara de comercio:
https://www.camaracoruna.com/es/evento/tecnica-de-unas-y-cejas/
Inscricións no Curso:
881 926 494 - 626 932 932
Correo: formacionpb@camaracoruna.com
