Nova edición do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene
22-09-2026
As persoas que desexen apuntarse neste club de lectura para público adulto poderán facelo desde o mércores 23 de setembro, presencialmente na propia biblioteca ou por teléfono no 981 342 302 ou 607 625 346, en horario de 16.00 a 21.00 horas (agás os sábados nos que o horario é de 10.00 a 13.00 horas). Para participar, unicamente cómpre ter interese pola lectura xa que as persoas que formen parte do club, deberán ler ao mesmo tempo as mesmas obras, de xeito individual. A biblioteca proporcionará un exemplar a cada membro do club, previamente inscrito.
O Club de Lectura da Biblioteca de Fene terá carácter mensual, realizándose as xuntanzas un mércores ó mes, de outubro de 2026 a maio de 2027, en horario de tarde, de 18.00 a 19.30 horas. O primeiro encontro será o mércores 28 de outubro, propoñéndose para cada sesión algún libro de temática e xéneros variados (novela romántica, thriller, novela da vida cotiá...), tanto en galego como en castelán.
A respecto da dinámica de funcionamento do Club de Lectura, cómpre ter en conta que o número de prazas é limitado, adxudicándose por orden de inscrición. Ademais, farase unha lista de agarda para que, no caso de que se produza algunha baixa, pase a formar parte do Club de Lectura a persoa que ocupe o primeiro posto (ou sucesivos) na listaxe. Por último, lembran dende a biblioteca, no caso de que algunha persoa participante acumule dúas faltas sen xustificar, perderá a súa praza, que pasará a ser ocupada pola seguinte na lista de agarda.
