Presentación

Concibimos a cultura como unha construción permanente nun proceso dinámico. A cultura non é só para ver, oír e consumir. É participación e creación nun contorno que nos identifique como feneses e como galegos.

Apoiamos a participación e a creación mediante axudas materiais e económicas e canles non formalizadas de relación. Desenvolvemos escolas e obradoiros que esperten as habelencias innatas que todos temos. Programamos exposicións de artes plásticas, proxeccións audiovisuais e espectáculos de danza, teatrais e musicais para que a xente de Fene entre en contacto coas diferentes correntes artísticas.

Procuramos completar e mellorar as infraestruturas e equipamentos culturais que hai en Fene.

Horario de atención ao público: de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.

Descargas
Ligazóns