Xestións municipais

Concertos fiscais e bonificacións

Os clubs e entidades deportivas federadas con domicilio en Fene que utilicen os Pavillóns Polideportivos do Ramo e San Valentín así como a piscina municipal de Centieiras ou o campo de Fútbol municipal dos Pinares, pagarán as tarifas establecidas no artigo 6.1.1: sempre e cando se trate de usos para a práctica deportiva para os que están federados.

Alta no Padrón Municipal de Habitantes

A alta no Padrón Municipal de Habitantes é a tramitación necesaria para a inscrición no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Certificacións de empadroamento colectivo

Certificación que acredita todas as persoas inscritas nun domicilio tal e como consta na actualiade no Padrón de Municipal de Habitantes de Fene.

Certificacións de empadroamento individual

Certificación que acredita todas as persoas inscritas nun domicilio tal e como consta na actualiade no Padrón de Municipal de Habitantes de Fene.

Modificación de datos no Padrón Municipal de Habitantes

Modificación dos datos referidos a nome, documento identificativo, data ou lugar de nacimiento e nivel de estudios, nacionalidade que aparecen recollidos no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Cambio de enderezo no Padrón Municipal de Habitantes

Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.

Volante de empadroamento colectivo

Xustificante do empadroamento de todas as persoas dun enderezo tal e como consta na actualidade no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Volante de empadroamento individual

Xustificante do empadroamento dunha ou diversas persoas nun enderezo tal e como consta na actualidade no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Altas, baixas e modificacións censais

O contribuínte poderá solicitar a alta, a baixa, ou a modificación dos datos dos padróns municipais das taxas pola recollida de lixo, pola prestación de servizos no cemiterio municipal, e por entradas de vehículos a través de beirarúas (pasaxes permanentes).

Presentación aval bancario

Toda persoa física ou xurídica que deba constituir un aval bancario ante o Concello de Fene deberá presentalo no Rexistro Xeral do Concello.

Solicitude Servizo Asistencia no Fogar

Trátase dunha das prestacións básicas dos Servizos Sociais de Atención Primaria e utilizada como un instrumento de intervención social e/ou un recurso social para a cobertura de determinadas necesidades sociais.

Celebración do matrimonio civil

En primeiro lugar débese reservar día, hora e sitio para a celebración do matrimonio. Para iso, hai que  reservar a data e posteriormente rexistrar toda a documentación, segundo modelos aquí achegados, no Rexistro Xeral.