A alta no Padrón Municipal de Habitantes é a tramitación necesaria para a inscrición no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.
Dirixido:
Todas aquelas persoas maiores de idade e menores autorizados que soliciten darse de alta no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.
• Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.
• O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.
• A presentación da Folla de Inscrición ou Modificación padroal cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.
• A baixa no anterior municipio ou país tramítase dende o concello onde causa a Alta coa solicitude desta.
Documentación:
Esta xestión tramítase de modo presencial no Departamento de Padrón de Habitantes, achegando:
• DNI, NIE. ou Pasaporte, en vigor de todos os maiores de 14 anos ou menores no seu caso
• Libro de familia ou Partida de nacemento, para os menores de idade
• Documento xustificativo do dominilio – onde figure o domicilio correcto e completo (calle, número, piso, letra)
• Folla de inscrición ou modificación– Con todas as persoas maiores ou menores que solicitan a Alta e asinada por todos os maiores de idade no recuadro grande inferior: en persoa no Departamento de Padrón de habitantes ou presentar tamén o impreso de Delegación para trámites de empadroamento
EN CASO NECESARIO:
• Delegación para trámites de empadroamento – Asinada por todos os maiores de idade que no asinan en persoa no Departamento de Estatística do Concello, para delegar nunha persoa maior de idade a realizar o trámite e presentar no Rexistro de Entrada a solicitude de Alta no Padrón de Habitantes de Fene.
• Autorización ALTA en folla padroal – Para autorizar a persona maior de idade propietaria ou titular do contrato de aluguer que non se empadroa ou non figura empadroada no domicilio de solicitude de Alta ( vivenda dun familiar … )
• Autorización MENOR para Alta ou Cambio enderezo – Para autorizar a dar de Alta ao menor
cando un dos proxenitores non se empadroa ou non figura empadroado no domicilio do menor
• Declaración RESPONSABLE MENOR – Non autoriza o proxenitor que non se empadroa co menor e hai ou non xentenza xudicial de garda e custodia
Lugar de solicitude:
Casa do Concello:
Departamento Padrón de Habitantes, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña
Teléfono: 981 492 771
Vía telemática:
INICIAR trámite On Line. O nivel de rexistro requerido en Cl@ve Móvil é o avanzado (alta con certificado electrónico, DNIe) Aquí
Áreas
Descargas
- Folla de Inscripcion ou Modificación padronal
- Delegación para trámites de empadroamento
- Autorización Alrta ou Cambio Domicilio en folla padroal NON empadroado
- Autorización MENOR para Alta ou Cambio Domicilio no padrón municipal
- Declaración responsable APORTANDO Resolución Xudicial
- Declaración responsable SEN aportar Resolución Xudicial
