Novas

13-01-2026 -

Fene estrea a programación cultural de 2026 coa exposición do XIX Premio Luis Ksado

As fotografías gañadoras e finalistas do 19º premio internacional Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación da Coruña amósanse neste mes de xaneiro na Casa da Cultura de Fene. A mostra, aberta ao público desde o martes 13 de xaneiro, poderá visitarse até o vindeiro 28 de xaneiro en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. As persoas que se acheguen a ver a mostra recibirán un catálogo da mesma, até fin de existencias.
13-01-2026 -

A doutora en Xeoloxía Irene Pérez Cáceres aborda esta semana no ciclo Contando Ciencia a cuestión das terras raras

Co comezo do novo ano, retómase o V ciclo Contando Ciencia, programa que organiza a Biblioteca O Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene. Faino este xoves, 15 de xaneiro, coa conferencia Terras raras: nin son terras nin son raras, a cargo de Irene Pérez Cáceres, doutora en Xeoloxía e técnico da Cámara Oficial Mineira de Galicia. A cita será, unha vez máis, na Casa da Cultura de Fene, ás 19.30 horas, e con entrada libre e de balde.
Durante a súa intervención en Fene, Irene Pérez Cáceres, explorará o que son as terras raras, dende o seu descobremento ata as súas aplicacións na sociedade actual. Abordará a importancia estratéxica destes elementos críticos para as tecnoloxías modernas e a transición enerxética, dende dispositivos electrónicos ata vehículos eléctricos e enerxías renovables.
09-01-2026 -

O Concello de Fene reforza a información sobre o Punto Limpo de Vilar do Colo nunha nova campaña para promover unha xestión responsábel dos residuos

 O Concello de Fene vén de poñer en marcha unha nova campaña informativa sobre o Punto Limpo de Vilar do Colo, que inclúe o envío de 6.000 panfletos informativos aos domicilios do municipio, co obxectivo de lembrar á veciñanza a importancia de facer un uso correcto desta instalación municipal para a xestión de residuos domésticos especiais.
08-01-2026 -

Cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza dous cursos de formación en competencias dixitais para maiores de 60 anos, entre as datas comprendidas do 2 ao 12 de febreiro de 2026 .

YoConecto ofrece cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán aprenderan a utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videochamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
05-01-2026 -

O Concello de Fene anuncia as persoas e establecementos gañadores do Certame de Decoración de Nadal

O Concello de Fene vén de facer público o fallo do xurado do II Certame de Decoración de Nadal, unha iniciativa posta en marcha para fomentar a participación da veciñanza, encher de ambiente festivo as rúas do municipio e dinamizar o comercio local durante as festas.
Na modalidade de vivenda unifamiliar, a proposta gañadora foi a presentada por Lorena Breijo González, de Barallobre, pola súa creatividade, coidado estético e integración da iluminación no conxunto da vivenda. Na modalidade de fachadas, balcóns e xanelas, o premio recaeu en Mª del Carmen, de Sillobre, quen tamén resultou gañadora na modalidade de portais, destacando pola orixinalidade e o uso de materiais. O xurado acordou ademais conceder unha mención especial a Ángela Reis Raimunde, de San Valentín, en recoñecemento á tradición, ao esforzo e á singularidade da súa decoración.
02-01-2026 -

Fene ultima os preparativos da Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas do concello o vindeiro luns

Coma todos os anos, as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Fene o luns, 5 de xaneiro, a poucas horas da noite máis máxica do ano. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente sairá ás 17.30 horas do CCRD de Perlío (rúa San Salvador) e percorrerá a Avda. Marqués de Figueroa e a Avda. Naturais ata chegar á praza do alcalde Ramón J. Souto González (a carón da Casa do Concello) onde recibirán aos nenos e nenas que queiran conversar con eles e transmitirlles os seus desexos.
 
01-01-2026 -

Últimas prazas dispoñibles para veciñas de Fene interesadas en participar no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade

Intelixencia artificial e Big Data, limpeza industrial, comercio e loxística, cociña, agricultura ecolóxica, xestión de comunidades virtuais ou soldadura. Son algún dos contidos sobre os que xirarán as accións de formación para o emprego previstas no Programa Integrado de Emprego 2025-26 que promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co finanzamento da Xunta de Galicia e do Servicio Público de Empleo Estatal. O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene lembra que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para as veciñas do termo municipal interesadas en participar nesta nova edición do PIE. 
30-12-2025 -

Fene ultima os preparativos para dar a benvida ao novo ano cunha gran festa

O Concello de Fene ultima os preparativos para despedir o 2025 e recibir o novo ano cunha gran festa popular que terá lugar na madrugada do 1 de xaneiro na Praza do Alcalde Ramón José Souto González. A celebración comezará á 01.00 horas e prolongarase ata as 06.00 da mañá, ofrecendo unha proposta festiva pensada para todos os públicos.
A noite contará coa actuación da Orquestra Origen, que será a encargada de abrir a festa tras as badaladas, e continuará posteriormente con animación musical a cargo dun DJ, garantindo varias horas de música e baile para dar a benvida ao 2026.
26-12-2025 -

San Silvestre Concello de Fene 2025

A proba terá lugar este sábado, 27 de decembro, a partir das 17:00 horas con saída/meta situada diante do Pavillón da Xunqueira (na Avenida do Mar de San Valentín. Os/as participantes poderán retirar o dorsal – chip hoxe venres no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 h , e de tarde, de 18.00 a 20.00 horas.
Tamén se poderán recoller mañá sábado no Pavillón da Xunqueira de 10.00 a 13.00 e de 15.30 a 16.30 h.
Participarán corredores/as inscritos nas categorías: Biberóns (ano de nacemento 2021), Pitufos (2020), Sub 8 (2018-19), Sub 10 (2016-17), Sub 12 (2014-15), Sub 14 (2012-13), Sub 16 (2010- 11), Sub 18 (2008-09), Absoluta (2007 e anteriores) e Andaina (todas as idades).
23-12-2025 -

Contos pra contar cartos

O ciclo Nadal da Concellería de Cultura programa para hoxe xoves, ás 20.00 h, a actuación do monologuista Avelino González no Local Social da AVV San Xurxo de Magalofes. Dirixido a público adulto e con entrada de balde. Aforo limitado.