Campamento dixital na Casa da Cultura de Fene

Campamento dixital na Casa da Cultura de Fene

O concello de Fene en colaboración coa fundación Cibervoluntarios organiza un cursos de formación en competencias dixitais para nenos e nenas entre os 9 e 13 anos de idade, os días 17, 18, 19 e 20 de agosto de 2026.

Esta actividade enmárcase no plan de prevención de condutas aditivas, no programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, que desenvolve o departamento de Benestar Social do Concello de Fene.

Trátase dun programa de formación en prevención familiar e comunitaria e ten como finalidade evitar o desenvolvemento e a consolidación de condutas de risco, promovendo estilos de vida saudables, tendo en conta a perspectiva de igualdade de xénero.

As inscricións realizaranse no centro municipal de Servizos Sociais na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal. Aportaranse os seguintes datos: nome, apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto , caixa de correo.

Período de inscrición: Do luns 10 ata o 13 de agosto de 2026. (por orde de inscrición ata cubrir as prazas).

O número máximo de participantes é de 16 e un mínimo de 8. A formación é de balde.

O Campamento dixital trata de promover unha aprendizaxe dixital a través do xogo cos nenos e
nenas de 9 a 13 anos. Trataranse temas como o ciberacoso, violencia de xénero on line e o uso
saudábel da tecnoloxía.

Datas: 17,18,19 e 20 de agosto
Horario: 10:30 – 12:30h.
Duración: 4 sesións con un total de 12 horas de formación.

Lugar: Casa da Cultura. Avda. Conces - Fene.

Contidos:

- Pautas para guiar aos menores no uso seguro e responsable de internet.
- Coñecer como identificar os riscos mais comúns.
- Previr o ciberacoso.
- Fomentar unha cultura da seguridade dixital.

É unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro das iniciativas Generación D impulsada por Red.es, Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, e están
financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

+ Información: Centro Municipal de Servizos Sociais
caixa correo: servizos.sociais@fene.gal. Tel:981492706
Correo electrónico : servizos.sociais@fene.gal