Fene acada con éxito a certificación no Esquema Nacional de Seguridad

Fene acada con éxito a certificación no Esquema Nacional de Seguridad

O compromiso coa ciberseguridade do Concello de Fene segue a sumar fitos ao renovar a súa Certificación de Conformidade co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) en Categoría Básica (Real Decreto 311/2022)

Fene renova así unha certificación que obtivera orixinalmente no ano 2024. Esta acreditación, outorgada polo Centro Criptológico Nacional (CCN), garante que os servizos dixitais prestados á cidadanía cumpren cos requisitos esenciais de seguridade establecidos no perfil CCN-STIC 890A.

A superación desta auditoría pon en valor o esforzo e bo facer do Concello respecto da mellora continua da seguridade da información.

Ligazóns