AVISO Á VECIÑANZA: NON AO ABANDONO ANIMAL
19-08-2026
Logo de recibir o aviso do abandono dun gato na colonia felina de Centieiras,en Perlío, dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Fene informan da ilegalidade destas accións xa supoñen un grave perigo para os animais.
Os gatos son seres altamente territoriais. Abandonar un animal doméstico nunha colonia xestionada non é darlles unha oportunidade, é condenalos a sufrir:
Ataques e feridas por parte dos gatos residentes que defenden o seu territorio.
Alto risco de transmisión de enfermidades, poñendo en perigo a saúde de toda a colonia controlada.
Estrés extremo, fame e desorientación para un animal que estaba afeito a vivir nun fogar.
As colonias felinas do noso municipio están reguladas e protexidas. O abandono non só rompe este equilibrio, senón que está tipificado como unha infracción grave pola normativa de benestar animal.
