Bases e convocatoria para os corpos de Policía Local de Galicia. Concello de Fene 2 prazas por oposicion libre.

Bases e convocatoria para os corpos de Policía Local de Galicia. Concello de Fene 2 prazas por oposicion libre.

 Publicado no DOG do 31 de xullo a ORDE 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía

No Concello de Fene:  dúas prazas de policía local do Concello de Fene por oposición libre (OEP parcial do 2026, BOP número 56, do 25.03.2026).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.


As solicitudes e documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, (anexo I da orde o 21 de xullo de 2026 publicada no DOGA número 143, do 31 de xullo de 2026).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.