Bases para regular a convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 1 Educador/a social
12-11-2025
Publicadas as bases para regular a convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 1 Educador/a social.
A admisión de persoas candidatas coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego, e requiriráselles por parte do Concello de Fene que presenten nun prazo de 3 días naturais para participar no proceso de selección a documentación seguinte que figura no Anexo I.
Presentarase a Instancia conforme ao modelo que figura no anexo I, no Rexistro xeral do Concello, podendo presentarse tamén conforme ao sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015 e a compañarase inescusablemente da seguinte documentación:
Copia do D.N.I. ou equivalente.
De ser o caso, copia do CELGA 4 ou equivalente co que quedarán exentos do exame de galego.
De ser o caso, documentación acreditativa de méritos para a súa baremación.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará Resolución aprobando a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, indicando neste caso as causas que deron lugar a exclusión, que se fará pública no taboleiros de anuncios e páxina web do Concello, concedéndose un prazo de 2 días naturais, dende a publicación da lista, para presentar reclamacións ou emenda de erros.
As reclamacións, se as houbera, serán resoltas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, na que figurará a designación do Tribunal e que se publicará do mesmo modo que a provisional.
Os anuncios de valoración dos méritos e o resultado do proceso selectivo faranse públicos mediante a publicación da correspondente acta/anuncio do tribunal no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.
