Exposición pública aprobación inicial orzamento 2025

Exposición pública aprobación inicial orzamento 2025

Publicado no BOP do 23 de abril o anuncio relativo á aprobación inicial do orzamento 2025

O Pleno do Concello de Fene, en sesión extraordinaria de 21 de abril, aprobou inicialmente o orzamento para o exercicio 2025 así como a documentación complementaria.

En cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 (TRLRFL) exponse ó público polo prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, coa fin de que durante este poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.

O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante ese prazo non se presentan reclamacións.

Ligazóns