Declaración de caducidade parcial oferta de emprego público 2021
14-04-2025
Mediante Resolución da Alcaldía núm. 308/2025, do 28.03.2025 procedeuse a declarar a caducidade parcial da oferta de emprego público do ano 2021 (BOP número 234, de 10 de decembro de 2021) no que respecta a praza de conserxe mediante promoción interna ,e, en consecuencia, desistiuse do proceso selectivo.
Contra esta declaración pódese interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a xurisdición contencioso-administrativa, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.