Alertas 112: A alerta laranxa actívase de novo na costa por vento intenso e ondas de ata sete metros
20-03-2025
A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun novo episodio de meteoroloxía adversa en todo o litoral de Galicia, que traerá vento intenso (forza 7) e ondas de ata sete metros de altura.
Estes valores correspóndense cun nivel de risco importante, isto é, alerta laranxa, polo que cómpre activar novamente as medidas de auto protección en toda a franxa marítima de Galicia.
Os efectos desta recente situación comezaranse a sentir pola costa pontevedresa a partir desta noite e ao longo do día de mañá, sábado 22 de marzo, acabará afectado a todo o litoral galego.