Cambio de horario na piscina municipal

Cambio de horario na piscina municipal

A Concellería de Deportes informa dun cambio de horario na piscina de Centieiras que afectará ás fins de semana. A partir do 18 de novembro, os sábados e domingos a piscina municipal de Fene abrirá ao público para nado libre ás 9.15  horas (no canto das 10.00, que é cando comezan as clases nas escolas deportivas municipais). Así, as persoas que queiran ir a nado libre nas fins de semana, poderán facelo a primeira hora desde esta mesma semana.