Alertas activas 02/11/2023

Alertas activas 02/11/2023

Logo da comunicación do 112 Galicia; no que da por rematado o fenómeno meteorolóxico adverso por vento en terra para galicia, quedando nivel amarelo polo que os refachos maximos poderar superar os 70-80km/h; dende Concello de Fene reiteramos que para evitar riscos:
➡️ Evitar achegarse a zonas perigosas (paseos marítimos, diques, rompentes, praias, cantís...)
➡️ Alonxarse de cornixas, muros, árbores ou valos publicitarios.
➡️ Retirar, como medida de carácter preventivo nos fogares, macetas e todos aqueles obxectos que sexan susceptibles de precipitarse á rúa por mor do vento e a choiva.
➡️ Na estrada, agarrar con forza o volante, evitar os adiantamentos e asegurar a carga que se transporte no vehículo
➡️ Respectar os cordóns de seguridade e as indicacións das forzas de seguridade
➡️ Evitar desprazamentos innecesarios e permanecer na casa (a ser posible)
➡️ Manterse informado sobre as condicións meteorolóxicas previstas e seguir as indicacións das autoridades:
🆘 E, perante calquera incidencia, chamar ao 1️⃣1️⃣2️⃣