Alertas activas

Alertas activas

⚠️Visto os avisos metereolóxicos das vindeiras horas, o Concello de Fene activa efectivos en fase de preemerxencia e recomenda a cidadanía:
🟥Reducir os desprazamentos por estrada. Se é necesario viaxar, extreme as precaucións debido a posibles obstáculos na vía, bolsas de auga e zonas asolagadas. Dado que a fenómeno se prevé
que sexa especialmente intenso a medida que avance a tarde, en caso de ter que viaxar, procure evitar facelo a partir de primeiras horas da tarde do día 01/11/2023.
🟥 Pechar e asegurar portas, xanelas ou toldos para evitar danos nas propiedades e posibles lesións, retirando macetas e todos aqueles obxectos que poidan caer á rúa e provocar un accidente.
🟥 Afastarse de cornixas, muros ou árbores que poidan desprenderse e tomar precaucións ao pasar preto de edificacións en construción ou en mal estado.
🟥 Manterse informado sobre as condicións meteorolóxicas previstas e seguir as indicacións das autoridades
🌬 IMPORTANTE:
 
A partir da tarde de hoxe martes se prevé a entrada de varias frontes. Na noite do martes para o mércores se prevén choivas polo noroeste, localmente fortes, que se irán xeneralizando na madrugada. A partir do mediodía do mércores día 1 irase achegando unha profunda borrasca que deixará chuvias máis intensas cara á noite. O vento soprará do suroeste, en terra moderado pola mañá, aumentando a forte, con refachos moi fortes co avance da tarde.