Escolas culturais que entrarán en funcionamento no curso 2021-22

Escolas culturais que entrarán en funcionamento no curso 2021-22

Rematado o período de matriculación, as escolas culturais que entrarán en funcionamento para o curso 2021-2022 son as que se relacionan a continuación:

Piano e solfexo

Guitarra iniciación (martes e venres 16:30 h.).- 6 inscritos

As escolas entrarán en funcionamento a partir do luns, 18 de outubro, e as persoas inscritas teñen que incorporarse no primeiro día fixado para cada actividade; isto é,

· Guitarra iniciación, martes 19 de outubro ás 16:30 h na Casa da Cultura

· Solfexo nivel 1, martes 19 de outubro ás 18:00 h na Casa da Cultura

· Solfexo nivel 2, mércores 20 de outubro ás 19:00 h na Casa da Cultura

· Solfexo nivel 3, xoves 21 de outubro ás 19:00 h na Casa da Cultura

· Piano, no día e no horario de clases individuais establecido no momento de efectuar a matriculación.