Rexistro de Parellas de Feito de Galicia

Requisitos

  • Ser maiores de idade.
  • Non ter relación de parentesco en liña recta nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
  • Manifestar a vontade de constitución de parella de feito ante a encargada do Rexistro de Parellas.
  • Non estar ligados por matrimonio.
  • Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.
  • Non estar incapacitados xudicialmente.
  • Ter un dos membros da parella a veciñanza civil galega.
  • Acreditar o empadroamento da parella no mesmo domicilio nalgún municipio da provincia da Coruña.

Logo de cubrir os anexos e dispoñer de toda a documentación, presentarano en calquera rexistro da Xunta de Galicia ou no dos concellos por portelo único. De estar completa, a encargada do Rexistro citaralles para asinar o Anexo II (deben acudir os dous membros da parella).

Documentación

  • Anexo I (solicitude) con todas as casillas cubertas e asinado por ambos membros da parella
  • Anexo II (declaración de vontade de constituír a parella) cuberto e sen asinar. A súa sinatura require a comparecencia da parella ante a encargada do Rexistro, logo de ser citada por esta.

Documentación acreditativa

Fotocopia compulsada do DNI vixente de cada membro da parella. No caso de estranxeiros, fotocopia compulsada do pasaporte ou NIE vixentes.

Certificado de empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio (o prazo de validez é de tres meses desde a súa expedición)

Acreditación da veciñanza civil galega de calquera dos membros da parella mediante:

Os estranxeiros nacionalizados: certificado de inscrición da nacionalidade española expedido polo Rexistro Civil en data actual no que conste a veciñanza civil.

Os nacionais de orixe (segundo o caso):

  • No caso de residir os últimos 10 anos en Galicia, co/s certificado/s de empadroamento onde figuren as datas de alta e baixa no padrón.
  • No caso de levar 2 anos en Galicia, coa resolución da opción por esta veciñanza efectuada ante o Rexistro Civil.

A certificación de fe de vida e de estado acreditativa do estado civil de ambos membros da parella, expedida polo Rexistro Civil. No caso de estranxeiros, o documento equivalente do seu país, debidamente legalizado e traducido, no seu caso, por intérprete xurado. En ambos supostos o prazo de validez é de tres meses desde a expedición do documento.

No caso de ter fillos, comúns, ou non común, a fotocopia compulsada do libro de familia ou actas de nacemento. No caso de estranxeiros, o documento equivalente.

No caso de estar divorciado/a, a certificación literal expedida plo Rexistro Civil na que conste o matrimonio e o divorcio, ou a fotocopia compulsada da sentenza firme de divorcio. No caso de estranxeiros, o documento equivalente, debidamente legalizado e traducido, no seu caso, por intérprete xurado.

Os certificados deberán ser orixinais e caducan aos tres meses da súa expedición. A encargada do Rexistro poderá requirir calquera aclaración ou documento que considere necesario, así como realizar cantas actuacións considere necesarias para verificar o cumprimento dos requisitos.

Máis información

parellasdefeito.pr.coruna@xunta.es

Descargas