Solicitude tarxetas estacionamento e accesibilidade

Corresponde ao concello de Fene a concesión das tarxetas de accesibilidade e ou estacionamento para todos/as os/as veciños/as deste concello, empadroados e con residencia efectiva no mesmo.

A tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade concederase ás persoas con graves problemas de mobilidade como documento acreditativo da súa situación, que con carácter persoal e intransferible, ten a finalidade de favorecer o uso de transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas coa devandita tarxeta.

Terán dereito á expedición da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidadae todas aquelas persoas que teñan recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público polos equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes da sección de cualificación e valoración de discapacidades e o soliciten expresamente a través do rexistro de entrada do Concello de Fene.

A tarxeta de accesibilidade de persoas usuarias, concederase ás persoas con algunha limitación, con carácter persoal e intransferible, como documentos acreditativos da súa situación de discapacidade, para favorecer o uso e desfrute dos transportes públicos e acceder aos beneficios que esta tarxeta lles proporcione.

Terán dereito á expedición da tarxeta de accesibilidade todas aquelas persoas que estando recoñecidas oficialmente como discapacitadas o soliciten expresamente no rexistro xeral de entrada do Concello de Fene.

Ambas tarxetas terán un duración máxima de dez anos, debendo renovarse antes da súa caducidade.

Documentación

  • Fotocopia compulsada do D.N.I.
  • Fotocopia compulsada do certificado de minusvalía.
  • Volante empradroamento
  • 1 fotografía actual en tamaño carnet para cada unha das tarxetas que solicite.

Lugar de solicitude

As solicitudes poderán presentarse a instancia de particular no Rexistro Xeral do Concello e irán dirixidas ó Alcalde-Presidente do Concello de Fene, segundo modelo oficial.

Lugar de tramitación

Avda. do Mar. Bloque I Baixo - 15500 San Valentín

Teléfono: 981 342 607 / 981 492 706 / 647 43 43 52

Áreas
Descargas