Volante de empadroamento individual

Xustificante do empadroamento dunha ou diversas persoas nun enderezo tal e como consta na actualidade no Padrón Municipal de Habitantes de Fene.

Dirixido:

Calquera persoa que estea inscrita no Padrón Municipal de Habitantes de Fene. Pódeo solicitar a persoa interesada ou un respresentante autorizado/a polo/a solicitante.

Documentación:

Presentación do/a interesado/a co DNI ou documento identificativo na unidade de Estatística do Concello.

  • Solicitude AUTORIZACION informatizada – No caso de que no domicio consten mais dunha persoa maior de idade para autorizar a levar datos do padrón entre elas. No caso de que non a teña xa presentada.
  • Autorización Individual ou Colectiva – Para solicitar e recoller o volante unha persoa maior de
    idade axena ao domicilio ou se non teñen autorización todas as persoas do domicilio para
    levar datos do Padrón de habitantes
  • Autorización MENOR para Certificado ou Volante – Para unha persoa maior de idade non
    empadroada no domicilio que lle permita solicitar e levar un volante dun menor
  • Solicitude Informe Policia Local – Para un Informe de Residencia individual ou colectivo ou un
    Informe de Convivencia

Notas para a cidadanía:

Para tramitalo é necesario presentarse na Unidade de Estadística co D.N.I. ou documento identificativo ORIXINAL da persoa que solicita o Volante xunto coa documentación que precise segundo os casos ou a través doutra persoa coa autorización de cada membro da unidade familiar maior de 18 anos que necesite o Volante (Autorización Individual ou Colectiva) e o seu D.N.I. ou documento identificativo ORIXINAL e FOTOCOPIA. Os Volantes non son válidos, como documento acreditativo de empadroamento para os procesos xudiciais. O Volante é GRATUÍTO.

O Volante serve para trámites de: D.N.I., pasaporte, tarxeta sanitaria, exención taxas municipais (auga, lixo, actividades deportivas), bono social da luz, reducción da tarifa de telefónica, tarxeta de estacionamento ou accesibilidade para minusválidos, transferencia de vehículos, exención rodaxe do coche, casamento civil en Fene, ….)

Lugar de solicitude:

Casa do Concello:

Unidade ESTATÍSTICA, 1º andar. Horario de luns a venres de 8.30 h a 14.00 h
Praza do alcalde Ramón Souto González s/n, 15500 – FENE – A Coruña
Teléfono: 981 492 771 Fax: 981 492 788

Na páxina do Concello:

SEDE ELECTRÓNICA – Rexistro Telemático
Soporte Técnico da Deputación A Coruña para as consultas ou dúbidas que teña a cidadanía con relación á Sede electrónica: 981 080 300.

Áreas
Descargas