Novas

17-10-2019 -

O Concello amplía ata o luns 21 o prazo para que os locais de hostalería se apunten no XII Concurso de Tapas

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe Juan José Franco, vén de ampliar o prazo de inscrición para participar no XII Concurso de Tapas de Fene. Así, os establecementos de hostalería interesados poderán anotarse no Rexistro Xeral do Concello ata o luns 21 de outubro (incluído). Unha medida que Juan José Franco sinala se adoptou a petición da Asociación de Comercio e Hostalería O Cruceiro, institución que colabora no certame.
15-10-2019 -

Xornada formativa este xoves sobre a sede electrónica do Concello de Fene

O Concello de Fene organiza unha charla informativa aberta dirixida á cidadanía co obxectivo de dar a coñercer a sede electrónica municipal. A formación, impartida pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña, terá lugar na aula de formación, situada no departamento de Cultura e Deportes, este xoves 17 de outubro ás 11,00 horas.
15-10-2019 -

A Biblioteca municipal acolle este mércores o espectáculo “Príncipas e Princesos”

A Biblioteca Pública Municipal Xosémaría Pérez Parallé acolle mañá, 16 de outubro, o espectáculo “Príncipas e Princesos”, de Os Contos de Pablísimo. Trátase dunha actuación dirixida a nenos e nenas de 4 a 10 anos e que terá lugar ás 18,30 horas. O espectáculo fai unha sutil e divertida reflexión sobre a igualdade, procurando príncipes rosas e princesas azuis; contando contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro.
14-10-2019 -

O Concello adxudica as obras de aglomerado do camiño de Ameneiro por 40.472,36 euros

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá da adxudicación das obras de aglomerado do camiño de Ameneiro, na parroquia de Sillobre cun investimento de 40.472,36 euros. Unha partida que a Administración local financiará ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
14-10-2019 -

O Concello conclúe as obras de saneamento, renovación da rede de abastecemento de auga e aglomerado do Camiño do Sartego

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da conclusión das obras de renovación da rede de abastecemento de auga, saneamento –coa instalación dunha rede separativa de pluviais e fecais- e aglomerado no Camiño do Sartego –dende a Avenida Naturais ata o Camiño de Casanova- e a pavimentación da rúa Fontenova– entre o Museo do Humor e ata o propio Camiño do Sartego-. A actuación requeriu dun investimento total de preto de 135.000 euros e financiouse con cargo a fondos procedentes da Deputación provincial da Coruña e fondos propios.
 
11-10-2019 -

O Concello de Fene aproba a súa adhesión á central de contratación da FEMP

A concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, apunta que a iniciativa facilitará a contratación de obras, servizos e suministros e permitirá o aforro de custes, redución de tempos e simplificación da tramitación
O pleno do Concello de Fene acordou na sesión ordinaria celebrada a semana pasada a adhesión da Administración local á central de contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). A proposta do equipo de goberno saíu adiante por unanimidade.

Na sesión, a concelleira de Facenda, Rocío Bértoa, destacou a utilidade da central para entidades locais como a de Fene, facilitándolle a súa adhesión a contratación de obras, servizos e suministros e permitíndolle aforrar custes, reducir tempos e simplificar a tramitación, así como regularizar moitos dos contratos. Trátase, defendeu a edil, dun sistema flexible que permite simplificar os procedementos, conseguindo unha maior eficacia.
11-10-2019 -

O Concello abre a inscrición nos talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias

Os talleres celebraranse martes e xoves de 18 a 20 horas e son gratuítos
A concelleira de Benestar Social de Fene, Tamara Miragaya, avanzou esta mañá a posta en marcha de talleres de estimulación cognitiva para persoas afectadas de alzheimer e outras demencias. A iniciativa levarase a cabo en colaboración con AFAL Ferrolterra, que guiará os obradoiros, e a participación será completamente gratuíta. Deste xeito, Miragaya informaba de que hoxe mesmo se abría o prazo de inscrición na iniciativa e animaba a anotarse ben no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene ben en AFAL Ferrolterra.
 
 
 
 
11-10-2019 -

O Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé acada a súa maior participación

Os organizadores do Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé veñen de informar de que, rematado o prazo de inscrición, recibíronse un total de 65 obras orixinais, o que converte esta edición de 2019 na máis exitosa do certame. O fallo do xurado está previsto para os primeiros días do mes de novembro.
 
10-10-2019 -

Exposición en rede dos traballos presentados aos Premios Curuxa

O público pode visitar, por partida doble, a exposición “Premios Curuxa 2019”. Ben presencialmente, no Museo do Humor de Fene, ben a través da rede, na web do propio museo. No primeiro caso, a mostra estará a disposición da cidadanía ata o vindeiro 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. No segundo, é tan sinxelo como clickar no seguinte enlace
09-10-2019 -

Medio centenar de veciños e veciñas participan nos talleres Recordando o noso

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Tamara Miragaya, inauguraba a semana pasada en Barallobre os obradoiros “Recordando o Noso”. Neles participan 54 veciños e veciñas maiores de 55 anos nos diferentes escenarios nos que se celebran: ACDR Liga de Amigos de Barallobre (os xoves de 18,15 a 19,45 horas); CCRD Perlío (os mércores de 16,30 a 18 horas); AVV San Xurxo de Magalofes (os venres de 19 a 20,30 horas) e ACDR Agarimo de Sillobre (os martes de 18,30 a 20 horas).