Fene ao día

Novas

  • Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?

    O vindeiro luns, 8 de abril, a Casa da Cultura de Fene acollerá a sesión “Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?”.

    Para facilitar a asitencia das familias contamos, como xa ven sendo habitual nestas sesións, cun servizo de conciliación* que require inscrición previa.

  • Fene súmase á campaña Apaga a luz e dalle unha hora ao planeta

    A hora do planeta é unha campaña global que brinda ás persoas, entidades e gobernos de todo o mundo a oportunidade de amosar a súa preocupación pola degradación ambiental do planeta (quentamento global, desaparición de especies, contaminación, etc.) e a necesidade de actuar. E un ano máis, o Concello de Fene, a través da Concellería de Medio Ambiente apoia esta iniciativa que a WWF, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), vén organizando dende hai varios anos.

  • Este venres cambia o horario da Biblioteca, Museo do Humor Xaquín Marín e Casa da Cultura de Fene

    Coa chegada Semana Santa, a Concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor Xaquín Marín e sala de exposicións temporais) que coincidirá, como é habitual, co comezo das vacacións escolares. Así, dende o venres 22 de marzo e até o vindeiro 1 de abril, o horario da instalación será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Os sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.

Ver máis

Axenda