Novas

09-04-2024 -

Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade

No marco do programa Aciva-das que a Concellería de Benestar Social está a desenvolver coa Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, Acadar, Fene acollerá a partir do vindeiro 18 de abril un taller para abordar as “Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade”. A inscrición xa esta aberta e pode realizarse mediante chamada telefónica aos Servizos Sociais de Fene, tfno. 981 342 607, ou a ACADAR, tfno. 607 221 600.
05-04-2024 -

O Concello de Fene avalía as obras executadas no primeiro trimestre do ano e avanza as que comezarán nas próximas semanas

O Concello de Fene deu conta esta mañá das actuacións de mellora das infraestruturas municipais executadas durante o primeiro trimestre do ano, así como tamén da relación de obras que centrarán o groso dos traballos que a Concellaría de Obras desenvolverá nas próximas semanas.
04-04-2024 -

Fene ultima os preparativos para celebrar unha nova edición do Encontro de Palilleiras

O Concello de Fene está a ultimar os preparativos para a celebración dunha nova edición do Encontro de Palilleiras, que terá lugar o próximo 13 de abril no Pavillón A Xunqueira de San Valentín. Trátase dunha cita organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo coa colaboración da AVV San Xurxo de Magalofes, do CPS de San Valentín, da SCRD Agarimo de Sillobre e da Liga de Amigos de Barallobre.
A edición deste ano volverá xuntar varios centos de palilleiras procedentes de todo o País, e as últimas prazas dispoñíbeis para participar poden reservarse chamando ao 981 492 767. Ademais, está prevista a participación de 32 postos de artesanía e materiais relacionados co tecido, que permitirán ás visitantes achegarse a coñecer o senfín de elaboracións que se poden realizar coa técnica do palillado, e tamén mercalas.
 
02-04-2024 -

Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?

O vindeiro luns, 8 de abril, a Casa da Cultura de Fene acollerá a sesión “Primeiro móbil cando, como e baixo que condicións?”.

Para facilitar a asitencia das familias contamos, como xa ven sendo habitual nestas sesións, cun servizo de conciliación* que require inscrición previa.
21-03-2024 -

Fene súmase á campaña Apaga a luz e dalle unha hora ao planeta

A hora do planeta é unha campaña global que brinda ás persoas, entidades e gobernos de todo o mundo a oportunidade de amosar a súa preocupación pola degradación ambiental do planeta (quentamento global, desaparición de especies, contaminación, etc.) e a necesidade de actuar. E un ano máis, o Concello de Fene, a través da Concellería de Medio Ambiente apoia esta iniciativa que a WWF, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), vén organizando dende hai varios anos.
21-03-2024 -

Este venres cambia o horario da Biblioteca, Museo do Humor Xaquín Marín e Casa da Cultura de Fene

Coa chegada Semana Santa, a Concellería de Cultura informa do cambio de horario da Casa da Cultura de Fene (Biblioteca Municipal, aula de estudo, Museo do Humor Xaquín Marín e sala de exposicións temporais) que coincidirá, como é habitual, co comezo das vacacións escolares. Así, dende o venres 22 de marzo e até o vindeiro 1 de abril, o horario da instalación será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas. Os sábados, domingos e festivos, a Casa da Cultura de Fene permanecerá pechada.
20-03-2024 -

Nova sesión do Club de lectura da Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé

Con máis de sesenta mil exemplares vendidos da súa obra e co recente Premio Xerais acadado pola súa última novela, Nadie contará la verdad, o autor Pedro Feijoo consolídase coma un dos autores máis sólidos da narrativa galega. E esta tarde, de 18.00 a 19.30 horas será o protagonista dunha nova sesión do Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Fene.
20-03-2024 -

Concentración de condea e rexeitamento polo asesinato por violencia machista en Ribeira

Dende a Concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe mércores 20 marzo ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ANDREA YTURRY ALAVE de 25 anos e veciña de Ribeira.

Agradecemos de antemán a vosa asistencia como xesto de condea, repulsa e solidariedade.
19-03-2024 -

Fene conclúe os traballos de mellora na Rúa do Campanario

O Concello de Fene concluíu os traballos de incremento da sección de paso e a mellora na drenaxe na Rúa do Campanario, na parroquia de Limodre. Unhas actuacións que afectaron a 300 metros da pista que une a entidade de poboación do Campanario coa estrada provincial DP-3501.
18-03-2024 -

Medio Ambiente pon en marcha unha campaña informativa sobre o trampeo de velutinas

Stop Vespa Velutina. Baixo este lema, comeza a campaña da Concellería de Medio Ambiente de Fene para concienciar á veciñanza sobre a importancia de iniciar nestas datas o trampeo das novas raíñas fundadoras (xa que cada raíña cazada supón un niño evitado). E nesta época, ao redor da primavera é fundamental xa que, desde principios de marzo até o mes de maio, é cando as raíñas empezan paulatinamente a espertar da súa hibernación e comezan a súa actividade.