Novas

31-10-2017

Inicio da tempada no Club Atletismo Fene

No acto celebrado o pasado sábado 28 de outubro contouse co padriño do club, unha auténtica lenda do atletismo: Andrés Díaz
30-10-2017

Multitudinaria recepción aos mellores deportistas feneses da tempada 2016/17


A Corporación Municipal de Fene homenaxeou o pasado venres aos deportistas das escolas e clubs feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017.  No acto, celebrado nas instalacións do CCRD de Perlío, recoñeceuse tamén o traballo dos deportistas feneses que, aínda pertencendo a outros clubs da bisbarra,  acadaron podio en competicións oficiais a título individual.
26-10-2017

Recepción municipal aos mellores deportistas dos clubs feneses na tempada 2016/2017

O acto terá lugar no Círculo de Perlío este venres ás 19.30 horas. A homenaxe ten como obxectivo salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o recoñecemento por parte da Corporación Municipal de Fene 
21-09-2017

O venres remata o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais

As persoas interesadas en matricularse nalgunha das prazas libres, poderán facelo até o venres 20 de setembro de 08.30 a 14.00 h no Pavillón A Xunqueira.
12-09-2017

Solicitude horarios adestramento para os Pavillóns do Ramo e a Xunqueira

O departamento de deportes do Concello de Fene informa de que o 14 de setembro abre o prazo de solicitude dos horarios de adestramento para o Pavillón do Ramo e a Xunqueira.
04-09-2017

O mércores 13 de setembro abre o prazo de inscrición nas escolas da Piscina municipal de Centieiras

A matrícula nas escolas da piscina de Centieiras realizarase os días 13 e 14 de setembro (só residentes en Fene) e o 15 de setembro (poboación en xeral). Para a totalidade das demais escolas deportivas municipais, as datas establecidas serán o 18 e 19 (só residentes en Fene) e os días 20, 21 e 22 de setembro para a poboación en xeral.
31-08-2017

O 1 de setembro a piscina municipal e o Pavillón Municipal A Xunqueira abren as súas portas

O departamento de Deportes ven de publicar os horarios de apertura da piscina municipal de Centeiras e do Pavillón Municipal A Xunqueira do 1 ao 30 de setembro.
31-07-2017

Ximnasia de Verán

 O mércores 2 de agosto dará comezo no Paseo Marítimo de San Valentín a actividade ximnasia de verán.
18-07-2017

Tenis, Kayak e Fútbol Sala Femenino no verán deportivo do Concello de Fene

Éxito de participación con tódalas prazas cubertas na programación deportiva do verán.
12-07-2017

Prazas libres nas escolas deportivas municipais para matriculación en setembro. Curso 17/18

Rematado o prazo de reserva a concellería de Deportes fai pública a lista co número de prazas libres nas escolas deportivas para o curso 2017/2018 na piscina municipal de Centieiras e No pavillón municpial A Xunqueira