O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, organiza un ano máis as Xornadas de Xogos Populares Escolares. Celebraranse este mércores 25 de abril e o xoves 26 e nelas tomarán parte arredor de 600 escolares do municipio.
Ao redor de 100 nenas do Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra tomarán parte este domingo no 2º Torneo de Ximnasia Artística Feminina “Concello de Fene”, evento organizado polo Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra e pola Concellería de Deportes de Fene. A competición terá lugar no pavillón “A Xunqueira” de San Valentín o domingo de 10.00 a 14.00 h.
A Concellería de Deportes de Fene organiza, conxuntamente coa Escola “Javi Gómez Noya” e o Club Triatlón Ferrol, o terceiro Duatlón Escolar de Fene, proba federada pertencente á Federación Galega de Triatlón que coincide este ano coa Final Provincial de Duatlón Escolar do programa Xogade.
Os judokas Daniel Martínez e June Moreno, da Escola Municipal de Fene, veñen de clasificarse para a fase final do Campionato Galego Infantil logo de acadar brillantes resultados na Fase Norte da competición que tivo lugar o pasado 24 de marzo en Vilalba. Na categoría de -60kg, Daniel Martínez fíxose coa prata, e en +63kg, June Moreno o bronce.
Na instalación deste novo equipamento investíronse algo máis de 5.000 euros. Porén esta non será a única actuación que se levará a cabo no ximnasio municipal da Casa da Cultura, xa que o Concello ten previsto cambiar en breve o portalón de acceso ás instalacións, utilizadas tamén como sede polo Club BTT Fene.
Máis de 600 alumnos de primaria de Fene participarán entre os días 22 e 23 de marzo nas xornadas de atletismo divertido escolar organizado polo Concello de Fene.
A Federación Galega de Atletismo ven de publicar os nomes dos atletas que defenderán a selección galega no Campionato de España de campo a través o próximo 11 de marzo en Mérida.
A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.
O 28 de xaneiro de 2018, no circuíto de O Aguillón na Rúa, déronse cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado por sete atletas.