Novas

04-05-2018

O Concello de Fene abre a inscrición para os bautismos de mergullo para nenos, adultos e persoas con diversidade funcional

A Concellería de Deportes de Fene informou esta mañá de que o prazo de inscrición nos bautismos de mergullo para nenos/as, persoas adultas e persoas con diversidade funcional abrirase o vindeiro luns, 7 de maio, no pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín (de luns a venres de 9 a 13,30 h e os
mércores de 16,30 a 19 h). O programa, que impulsa o Concello, conta coa colaboración do Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus.
24-04-2018

Arredor de 600 nenos tomarán parte nas Xornadas de Xogos Populares Escolares

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, organiza un ano máis as Xornadas de Xogos Populares Escolares. Celebraranse este mércores 25 de abril e o xoves 26 e nelas tomarán parte arredor de 600 escolares do municipio.
19-04-2018

II Torneo de ximnasia artística feminina Concello de Fene

Ao redor de 100 nenas do Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra tomarán parte este domingo no 2º Torneo de Ximnasia Artística Feminina “Concello de Fene”, evento organizado polo Club Escola Ximnasia Artística Ferrolterra e pola Concellería de Deportes de Fene.  A competición terá lugar no pavillón “A Xunqueira” de San Valentín o domingo de 10.00 a 14.00 h.
13-04-2018

Fene acolle este domingo a Final Provincial de Duatlón do Programa Xogade da Xunta de Galicia

A Concellería de Deportes de Fene organiza, conxuntamente coa Escola “Javi Gómez Noya” e o Club Triatlón Ferrol, o terceiro Duatlón Escolar de Fene, proba federada pertencente á Federación Galega de Triatlón que coincide este ano coa Final Provincial de Duatlón Escolar do  programa Xogade.
13-04-2018

Asinado un convenio de colaboración co CEIP O Ramo

O 11 de abril asinouse un convenio de colaboración entre o Clube Atletismo Fene e o Colexio Plurilingüe O Ramo, de Barallobre.
09-04-2018

Alumnado da Escola Municipal de Judo acadan podio na fase norte do campionato

Os judokas Daniel Martínez e June Moreno, da Escola Municipal de Fene, veñen de clasificarse para a fase final do Campionato Galego Infantil logo de acadar brillantes resultados na Fase Norte da competición que tivo lugar o pasado 24 de marzo en Vilalba. Na categoría de -60kg, Daniel Martínez fíxose coa prata, e en +63kg, June Moreno o bronce.



03-04-2018

O Concello renova o tatami do ximnasio da Casa da Cultura

Na instalación deste novo equipamento investíronse algo máis de 5.000 euros. Porén esta non será a única actuación que se levará a cabo no ximnasio municipal da Casa da Cultura, xa que o Concello ten previsto cambiar en breve o portalón de acceso ás instalacións, utilizadas tamén como sede polo Club BTT Fene.
16-03-2018

Volve o Atletismo Divertido

Máis de 600 alumnos de primaria de Fene participarán entre os días 22 e 23 de marzo nas xornadas de atletismo divertido escolar organizado polo Concello de Fene.
28-02-2018

A selección galega chama a porta do Clube Atletismo Fene

A Federación Galega de Atletismo ven de publicar os nomes dos atletas que defenderán a selección galega no Campionato de España de campo a través o próximo 11 de marzo en Mérida. 
05-02-2018

Prata para Fene

A xornada do club atletismo Fene completouse nesta fin de semana coas excelentes actuacións de Juan Rejas e o equipo composto por Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fer Garea.