Novas

07-09-2018 -

Fene celebra este sábado a súa V Festa Mariñeira con degustación de pratos de mar, deporte, xogos, viaxes pola ría e música

O peirao de Barallobre acollerá mañá sábado, 8 de setembro, a quinta edición da Festa Mariñeira, organizada polo Concello de Fene a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe César Castro e xunto ó movemento asociativo.
07-09-2018 -

Mércores de Cinza e San Salvador, festivos locais no calendario de 2019

O pleno do Concello de Fene aprobou na sesión celebrada onte á tarde os festivos locais para o ano 2019. Serán o 6 de marzo, Mércores de Cinza, e o 6 de agosto, San Salvador.
06-09-2018 -

Festa de presentación do XVI Fenerock co concerto tributo a Fito de Sintrom ni Son

Organizada polo Concello, terá lugar este venres a partir das 22,30 horas no parque da Cooperación en San Valentín con entrada de balde. A festa está organizada pola Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco e inclúese no programa Vén a San Valentín-Fene Vivo.
06-09-2018 -

Fene, xunto a Ares, Mugardos, Neda e Cabanas, impartirá o obradoiro de emprego INICIA III dirixido a mozos e mozas

O Concello de Fene xunto cos municipios de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas impartirá, entre os meses de setembro e marzo, o obradoiro de emprego INICIA III subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
05-09-2018 -

Xunta e Concello supervisan as obras de impermeabilización que se están a executar na cuberta do CEIP O Ramo

Acompañado do alcalde, Gumersindo Galego, e outros concelleiros e concelleiras da corporación, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou esta mañá o avance das obras que está executando a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no CEIP O Ramo de Fene.
05-09-2018 -

Os artistas Manuel Barro e Rafael Nadales presentan en Fene os seus “Contrastes”

A mostra inaugurada este martes poderá visitarse ata o 28 de setembro na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor con entrada de balde. De luns a venres de 10 a 14,15 horas ata o 11 de setembro e, a partir de entón, de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 h e os sábados de 10 a 13 h. 
04-09-2018 -

Fene convida a vir a Barallobre esta fin de semana para disfrutar da V Festa Mariñeira e do I Festival das Ondas

A Festa Mariñeira celebrarase este sábado e poderanse degustar ata 24 pratos de mar elaborados por 10 asociacións con produtos da Confraría e contarase coa actuación estelar de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. O Festival das Ondas reunirá este domingo no peirao de Barallobre a La Bien Querida, Baiuca, Trajano!, DJ Ramone e Os Peregrinos. O venres o Concello organiza en San Valentín a Festa Presentación do XVI Fenerock na que actuará Sintrom Ni Son a partir das 22,30 h.
03-09-2018 -

Manuel Barro e Rafael Nadales traen á Casa da Cultura de Fene os seus “Contrastes”

Baixo o título “Contrastes”, os artistas Manuel Barro e Rafael Nadales traen a Fene algunhas das súas mellores obras pictóricas e escultóricas. Unha mostra imprescindible que o público poderá apreciar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor do municipio. O acto de inauguración terá lugar mañá martes, 4 de setembro, a partir das 12 horas.
03-09-2018 -

Clausura do proxecto INDIRA, Encontros de Mulleres coa vista posta en reeditar a iniciativa

O Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene acolleu a semana pasada o acto de clausura do grupo de apoio emocional do “Proxecto INDIRA, Encontros de Mulleres”. Ó mesmo asistiron o alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Juana Barro.
03-09-2018 -

O Concello de Fene inicia as obras para dotar ó CEIP do Ramo dun novo comedor

Antes de que comece o novo curso escolar, o CEIP Plurilingüe do Ramo contará cun novo e renovado comedor escolar. Nas últimas semanas o Concello iniciaba as obras no centro cun investimento de 10.782,64 euros con cargo ás arcas locais.