Fene convida a vir a Barallobre esta fin de semana para disfrutar da V Festa Mariñeira e do I Festival das Ondas

Fene convida a vir a Barallobre esta fin de semana para disfrutar da V Festa Mariñeira e do I Festival das Ondas

O Concello ofrece esta fin de semana máis motivos que nunca para vir a Fene e, sobre todo, a Barallobre. O peirao convertirase no epicentro dun sinfín de actividades gastronómicas, musicais, deportivas… grazas á celebración da V Festa Mariñeira e do I Festival das Ondas.

Esta mañá, o alcalde, Gumersindo Galego, presentaba ambas citas xunto ó concelleiro de Promoción Económica, César Castro, e o edil de Promoción Turística, Juan José Franco, e aproveitaban a ocasión para convidar á cidadanía a tomar parte na variada programación de actividades das citas, incluídas no programa municipal “Ven a Fene-Fene Vivo”.

Ata 24 pratos elaborados por dez asociacións de Fene integran o menú da V Festa Mariñeira que se celebrará este sábado, 8 de setembro. Dende ameixas en “salsa Magalofes”, ata tortilla de berberechos pasando por vieiras ó forno, sardiñas lañadas, arroz con chocos, zamburiñas, empanada de xoubas, paella de marisco… son só algunhas das propostas.

O edil César Castro apuntou que o obxectivo é que a xente disfrute das excelencias gastronómicas de Fene, pratos do mar con produtos de primeira suministrados integramente pola Confraría de Barallobre. A prezos populares, a venda de tickets comezará ás 12 horas e a degustación poderá realizarse durante toda a xornada baixo carpa.

Pero o programa iniciarase xa ás 11 horas, coa celebración da I Carreira Popular da Festa Mariñeira (organizada pola Concellería de Deportes xunto ó Club Atletismo Fene, a inscrición, gratuíta, está aberta ata este xoves ás 23,59 h na web www.carreirasgalegas.com) 

Autobús gratuíto
Así mesmo, e para facilitar a asistencia da veciñanza á festa, o Concello activará un autobús gratuíto que irá realizando paradas polas diferentes parroquias ata chegar ó peirao de Barallobre. Partirá ás 11,30 h do CPS San Valentín e seguirá o seguinte itinerario: Círculo de Perlío, Concello de Fene, Agarimo Sillobre, Igrexa de Magalofes, AVV Limodre, parada de bus Comasa Maniños, Liga Amigos Barallobre, parada bus baixada ó peirao estrada da Palma Barallobre. Autocar que regresará, seguindo o mesmo percorrido á inversa, ás 18,30 h.

O programa da festa tamén inclúe a IV edición do Campionato de Chave, grazas á implicación de Amigos da Chave de Ferrolterra. Será de 11 a 13 h. A entrega de premios da Carreira Popular celebrarase ás 12,30 h e, ás 13,30 h comezará o Xantar Popular. Tras repousar a comida, ás 16 h arrancarán os xogos tradicionais –ata as 20 h-. Ás 17 h e ás 18 h, o Concello programa para nenos e maiores paseos en lancha pola ría (dunha hora de duración).

Homenaxe a Protección Civil
Sobre as 18 h, César Castro avanzou a celebración dun acto de homenaxe á Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, cun recoñecemento especial a aqueles integrantes que teñen superado os dez anos de servizo. E, xa sobre ás 19,30 horas, concerto estelar a cargo de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre. Un auténtico broche de ouro para pechar a quinta edición da Festa Mariñeira. 

Colaboran na cita as seguintes entidades: AETNA, ACRD Liga Amigos de Barallobre, Amigos da Chave de Ferrolterra, Asociación de Veciños San Xurxo de Magalofes, AVV Limodre, AVV Sillobre, Confraría de Barallobre, Club BTT Fene, Maniños SD, Radio Club Fene, SCRD Agarimo Sillobre e SCRD O Pote. 

I Festival das Ondas
Ó día seguinte, domingo 9 de setembro ás 19 horas, e no mesmo peirao de Barallobre, Juan José Franco avanzou a celebración do I Festival das Ondas. Nel, con entrada de balde, o público poderá disfrutar coa mellor versión pop de La Bien Querida; o folk con alma electrónica, tradición e vangarda, música galega con bases tecno e house de Baiuca; o art rock con sabor galaicomadrileño que executa como ninguén Trajano!; a polivalencia de estilos de DJ Ramone e o pop galaico de Os Peregrinos. Un cartel de luxo para un festival adicado ó mar. De feito, o concelleiro apuntou que cada un dos grupos interpretará a lo menos un tema adicado ó mar.

La Bien Querida presentará en Fene o seu quinto álbum, titulado “Fuego”, que ten marcado un punto e aparte na carreira da súa intérprete. Musicalmente falando significa unha volta ó pasado á vez que unha viaxe ó futuro.

Trajano! leva varias tempadas sendo parte fundamental da escea de Madrid e teñen parte de culpa de que se fale dun novo sonido Malasaña. Comezaron con evidentes conexións con Hinds, Parrots ou Nastys, aínda que fuxindo de sons comúns e buscando novas e excitantes vías de expresión, reclamando o fantástico e enorme mundo que existe entre New Order e Golpes Bajos. Teñen aberto concertos para Vivian Girls, Low, Toy, Triángulo de Amor Bizarro…

Baiuca, o proxecto liderado por Alejandro Guillán, demostra que non hai barreiras nin límites para a creación e a fusión, logrando combinar o máis avanzado e innovador da música electrónica e a esencia máis pura da música galega. “Solpor”, o seu primeiro álbum, constata esa unión musical entre o pasado e o futuro.

A música de Os Peregrinos é como unha road movie. Dúas personaxes con tanta personalidade dentro do panorama do pop nacional como son Charlie Mysterio (Los Caramelos, entre moitos outros grupos) e o fenés Roger De Flor (Os Silvestres, Bang 74) que se coñecen a base dunha serie de “peregrinacións” entre Galicia e Madrid. Así, o que empezou con Roger desafiando á sorte, e pedíndolle a Charlie axuda nunha canción, derivou nunha serie de intercambios, viaxes, desprazamentos, quilómetros e moita, moita inspiración. O resultado: este “Canto Peregrino”, unha xoia que transporta moito máis aló dos territorios percorridos por ambos.

DJ Ramone é un habitual no circuito coruñés dende hai 6 anos. Gran coñecedor da historia da música en función das súas décadas, xéneros ou artistas, destaca pola súa extraordinaria técnica, polivalencia e sentido ecléctico musical, capaz de ofrecer sets moi variados, dende rock, funk, afrobeat ou soul ata calquer disciplina en música electrónica.

Festa presentación Fene Rock en San Valentín
Así mesmo, no mesmo acto, Juan José Franco avanzou tamén a celebración da Festa Presentación da XVI do Fenerock. Terá lugar este venres, 7 de setembro, no parque da Cooperación, a partir das 22,30 horas. Nela actuará Sintrom Ni Son, cun tributo a Fito e darase conta dun festival que é unha auténtica referencia musical no panorama galego.