Festa de presentación do XVI Fenerock co concerto tributo a Fito de Sintrom ni Son

Festa de presentación do XVI Fenerock co concerto tributo a Fito de Sintrom ni Son

O Concello de Fene convida a veciños e visitantes a asistir á Festa de presentación da XVI edición do Fenerock. Terá lugar mañá venres, 7 de setembro, no parque da Cooperación en San Valentín. Arrancará ás 22,30 horas con entrada de balde e incluirá a actuación do grupo de rock local Sintrom Ni Son. A banda ofrecerá un concerto tributo a Fito e, no transcurso da cita, daranse a coñecer detalles da celebración do Fenerock.

A festa está organizada pola Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco e inclúese no programa Vén a San Valentín-Fene Vivo.