Novas

17-09-2018 -

Fene, Mugardos e Neda promoven un Curso de Mediadores/as Sociais

O Concello de Fene, xunto ós de Mugardos e Neda, promove un Curso de Mediadores/as Sociais no marco do proxecto conxunto de prevención de condutas aditivas que subvenciona a Consellería de Sanidade.
13-09-2018 -

O Concello de Fene retoma os obradoiros gratuítos de Tardes Activas para persoas maiores de 55 anos

O Concello de Fene, a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade que dirixe Juana Barro, retomará este mes os Obradoiros de Recuperación da Memoria, os Obradoiros de Activación da Memoria e os Obradoiros Recordando o Noso. Están dirixidos a persoas maiores de 55 anos, son completamente gratuítos, e inclúense no programa Tardes Activas. As persoas que desexen sumarse ó proxecto poden inscribirse no Centro Municipal de Servizos Sociais.
12-09-2018 -

Un cartel de luxo para o XVI FeneRock

 Wyoming & Los Insolventes, Avalanch, Stoned at Pompeii, Última Experiencia, BSide, Farrapo de Gaita, Javi Maneiro, InnsBruck, Arrhythmia e Los Alcántara forman parte dun dos mellores carteis do FeneRock. O que se celebrará este venres 14, sábado 15 e domingo 16 de setembro no paseo marítimo de San Valentín. Con entrada de balde, baixo carpa, zona de acampada gratuíta, exclusivos food trucks e, esencialmente, a mellor música, alcanza así a súa XVI edición. Esta mañá, a concelleira de Cultura de Fene, Rocío Bértoa, e o músico Miguel Rodeiro, en representación da organización, presentaban na casa consistorial o festival e daban conta de todos os detalles.
11-09-2018 -

O Concello de Fene retoma co inicio do curso o obradoiro de Educación Física contra a Fatiga Oncolóxica

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida, retomará neste curso 2018-2019 os obradoiros de Educación Física contra a Fatiga Oncolóxica. Celebraranse no pavillón de San Valentín a partir do mes de outubro co obxectivo de tratar de reducir na medida do posible a fatiga que acompaña ó cancro e ós seus tratamentos. O prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 19 e o 25 de setembro nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira e o prezo do obradoiro é de 15,70 euros bimensuais a ingresar unha vez confirmada a praza.
11-09-2018 -

Novos horarios na Casa da Cultura

O Concello de Fene ven de informar da entrada en vigor do horario de inverno na Casa da Cultura –Biblioteca Municipal, Museo do Humor, aula de estudo e sala de exposicións temporais- a partir deste mércores, 12 de setembro.
11-09-2018 -

Éxito de participación e organización da I Carreira da Festa Mariñeira Concello de Fene

Victoria con autoridade na proba absoluta da I Carreira da Festa Mariñeira Concello de Fene de Brais Canosa, do Club Atletismo Fene, quen cubriu os 5.000 metros dun intrincado circuíto rompepernas en 16:37. Acompañouno no podio Carlos Bouza, do Riazor Coruña e Sergio González do Ría de Ferrol, que acadou un terceiro posto. A un chanzo do podio quedou Luís Pérez Varela, o atleta eumés do Club Atletismo Fene entrou en cuarto lugar.
10-09-2018 -

O Concello abre este venres a inscrición nos obradoiros e escolas deportiva

A Concellería de Deportes que dirixe Xoán Manuel Bastida informou esta mañá da próxima apertura do prazo de inscrición nos obradoiros e escolas deportivas municipais para o curso 2018/2019. Un total de 26 propostas integran a programación, para nenos/as e persoas adultas. O prezo das mesmas varía en función da franxa de idade (menores, persoas adultas ou maiores de 65 anos), así como do número de horas da actividade ou nos supostos de actividades con necesidade de contar con grupos reducidos. Neste sentido, o Concello tamén lembra a existencia do Bono Deporte, con tarifas máis ventaxosas. O curso arrancará o 1 de outubro e prolongarase ata finais do mes de xuño.
10-09-2018 -

Novos horarios na Casa da Cultura

O Concello de Fene informou esta mañá da entrada en vigor do horario de inverno na Casa da Cultura –Biblioteca Municipal, Museo do Humor, aula de estudo e sala de exposicións temporaisa partir deste mércores, 12 de setembro.
07-09-2018 -

O I Festival das Ondas reunirá este domingo no peirao de Barallobre a La Bien Querida, Baiuca, Trajano!, DJ Ramone e Os Peregrinos

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco, organiza este domingo, 9 de setembro, o I Festival das Ondas. O peirao de Barallobre será escenario do festival, que dará comezo ás 19 horas con entrada de balde.
07-09-2018 -

Fene celebra este sábado a súa V Festa Mariñeira con degustación de pratos de mar, deporte, xogos, viaxes pola ría e música

O peirao de Barallobre acollerá mañá sábado, 8 de setembro, a quinta edición da Festa Mariñeira, organizada polo Concello de Fene a través da Concellería de Promoción Económica que dirixe César Castro e xunto ó movemento asociativo.