Novas

01-10-2018 -

O Concello ofrece un obradoiro de fotografía con móbil e cámaras compactas

A Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa organizará un Obradoiro de Fotografía con móbil e cámaras compactas. Dirixido a persoas maiores de 16 anos, é imprescindible contar con cámara propia –no móbil, compacta, cámara de acción…-. Trátase dun nivel de iniciación, polo que non é preciso ter coñecementos previos e está pensado para aquelas persoas que desexen iniciarse na fotografía dun xeito práctico e sinxelo.
01-10-2018 -

A programación municipal cultural para este curso inclúe os obradoiros Xogamos en Inglés e Falamos en Inglés

A Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa propón dous obradoiros de inglés na súa programación de actividades para o curso 2018-2019: Xogamos en Inglés e Falamos en Inglés.
28-09-2018 -

O Concello promove un curso de introdución á ofimática para persoas sen coñecementos previos

O Concello, a través da Concellería de Cultura, organiza un Cursiño TIC de introdución á ofimática para persoas maiores de 16 anos sen ningún tipo de coñecemento previo sobre a materia. Consta de 10 horas e celebrarase os días 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 17 a 19 horas na Aula Municipal de Informática.
28-09-2018 -

O Concello aprenderá as técnicas e receitas para xantar á carta cun obradoiro de cociña para vagos e vagas

Para xantar ben non é preciso dispoñer de moito tempo nin de produtos caros ou de mercado. Nin sequera, e aínda que poida parecer mentira, ser un xenio dos fogóns. Por iso, o Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, propón un obradoiro de cociña para vagos e vagas no que pretende ensinar aquelas técnicas e receitas para xantar “á carta” todos os días.
27-09-2018 -

O Concello de Fene volve apostar polos obradoiros de risoterapia da man do proxecto Licenza para rir

A Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa avanza que reeditará os obradoiros de risoterapia “Licenza para rir”. Un proxecto que botaba a andar en 2014 cunha gran acollida e que hoxe, catro anos despois, regresarán a partir do 16 de outubro para continuar descubrindo e valorando as potencialidades terapéuticas e curativas da risa.
 


27-09-2018 -

Fene, xunto a Ares, Mugardos, Neda e Cabanas impartirá dúas especialidades do obradoiro de emprego Reinicia V

O Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas impartirá, entre os meses de setembro e xuño dúas especialidades do obradoiro de emprego subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria Proxecto Reinicia V. Consta de 20 prazas e trátase dun programa mixto de emprego e formación dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos.
26-09-2018 -

Concello e AVV de Magalofes promoven este sábado a Ruta dos Muíños

O Concello de Fene, a través da Concellería de Promoción Turística, e en colaboración coa AVV de Magalofes propón a veciños e visitantes participar este sábado, 29 de setembro, na Ruta dos Muíños. Guiada por Manuel Pico, inclúese no programa Fene Vivo Vén a Magalofes e con ela búscase dar a coñecer e pór en valor este importante patrimonio da parroquia, noutrora un modo de vida para moitos veciños e veciñas. Non é preciso inscrición previa e o itinerario, duns cinco quilómetros, é apto para nenos e maiores.
 
26-09-2018 -

A Escola de Música do Concello de Fene arrancará a súa actividade a mediados de outubro con clases de solfexo-piano e guitarra

A Escola de Música do Concello de Fene iniciará a mediados de outubro un novo curso e a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanza que a inscrición nas actividades abrirase do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: 1, 2 e 3 de outubro inscricións só para residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro inscricións para a a poboación en xeral. Os horarios serán de 8,30 a 14 h e, o mércores 3 e o xoves 4, amplíase tamén á tarde, de 16 a 19 h.
25-09-2018 -

Concello e Confraría inician a presentación da Guía de Artes e Especies Fene Mar Vivo entre a comunidade educativa

O alcalde, Gumersindo Galego, xunto ós concelleiros de Promoción Turística, Juan José Franco, e Educación, Ana Novo, e o biólogo da Confraría de Barallobre, Joám Luis Ferreiro, presentaron esta mañá a Guía de Artes e Especies de Fene Mar Vivo para un público moi especial, os preto de medio centenar de estudantes de 2º, 3º e 4º curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe O Ramo
25-09-2018 -

A unidade móbil de doazón de sangue desprázase a Fene este mércores

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase este mércores, 26 de setembro, a Fene. Permanecerá diante do centro de saúde en horario de mañá –de 9,30 a 14,30 h- e de tarde –de 15,30 a 21 h- e, dende o Concello, anímase á veciñanza a tomar parte na campaña de doazón.