A programación municipal cultural para este curso inclúe os obradoiros Xogamos en Inglés e Falamos en Inglés

A programación municipal cultural para este curso inclúe os obradoiros Xogamos en Inglés e Falamos en Inglés

O Concello propón xogar e falar en inglés

 


Xogamos co Inglés é un espazo lúdico para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na escola a través do xogo en inglés. Está dirixido ó estudantado do último ciclo de Educación Infantil ata o derradeiro curso de Educación de Primaria, incluído e celebrarase do 20 de outubro ata o 25 de maio de 2019. Consta de 15 prazas e desenvolverase os sábados de 11,30 a 13,30 h na Aula de Cursos do Departamento de Cultura, na Avenida Naturais, 44. O prezo da actividade é de 48 euros a abonar en tres cuotas de 16 euros.


Pola súa banda, Falamos en Inglés é un espazo de encontro, dirixido por monitores, para practicar a conversa en inglés. Está dirixido a persoas de 12 anos en adiante con ou sen coñecementos de inglés. Celebrarase do 19 de outubro ó 31 de maio de 2019, os venres de 19 a 21 h nas mesmas instalacións que o anterior. Tamén se ofertan 15 prazas e o prezo da actividade é o seguinte: menores de idade, tres cuotas de 16,80 euros; persoas adultas, tres cuotas de 38,60 euros, e maiores de 65 anos, tres cuotas de 30,90 euros.


A inscrición abrirase do 1 ó 5 de outubro nas dependencias administrativas do pavillón municipal de A Xunqueira, en San Valentín. Será do seguinte xeito: 1, 2 e 3 de outubro inscricións só para residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro inscricións para a a poboación en xeral. Os horarios serán de 8,30 a 14 h e, o mércores 3 e o xoves 4, amplíase tamén á tarde, de 16 a 19 h.

Ligazóns