Novas

23-02-2017 -

O pleno do Concello de Fene aproba as obras do POS+

O Concello de Fene celebrou o pasado 22 de febreiro un pleno urxente co debate centrado na distribución dos 775.000 euros do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña.
22-02-2017 -

Fene convoca un pleno extraordinario urxente

Os cinco grupos da corporación fenesa están chamados para participar este mércores 22 de febreiro a partir das 10.00 h para votar a repartición dos 775.000 euros do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña.
21-02-2017 -

O Concello repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes do Entroido

Este mércores 22 de febreiro remata o prazo para inscribirse nas actividades infantís e no desfile do entroido.
21-02-2017 -

Acto de condea do Concello de Fene

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, convócase para martes 21 de febreiro de 2017 a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello, polo asasinato de violencia machista de Mª José M.G

21-02-2017 -

Resultado proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a de praza de peón tractorista

O Tribunal deste proceso selectivo en xuntanza de data  14 de febreiro de 2017 fai público os resultados.
20-02-2017 -

Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

Curso para formar ás persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet.
20-02-2017 -

Modificación dos horarios do Museo do Humor-Casa da Cultura

Durante as festas do entroido variarán os horarios de atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura.
20-02-2017 -

A biblioteca municipal organiza a terceira edición do taller de radio para a rapazada

III Obradoiro de Radio Concello de Fene organizado pola biblioteca Xose María Pérez Parallé en colaboración coa emisora de radio municipal.
17-02-2017 -

Finalizadas as obras do Camiño do Catalán

O Camiño do Catalán, unha das estradas con máis tránsito da parroquia de Maniños, mostra desde hai uns días un novo aspecto
16-02-2017 -

Convocados os Curuxa do Humor 2017

O Boletín Oficial da Provincia publica as bases dos premios Curuxa do Humor 2017 convocados polo Concello de Fene para galardoar as mellores obras de humor gráfico do Estado.