Novas

07-03-2017 -

Plan renove ascensores

Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións.
06-03-2017 -

Achégate a doar sangue o 20 e 21 de marzo

O  20 de marzo, de 15:30 a 21:00 horas e o 21 de marzo, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas, estará dispoñible a unidade móbil diante da Casa do Concello de Fene.
06-03-2017 -

O programa provincial Coa lingua fóra animará ao alumnado de Centieiras a ler e falar en Galego con “A Mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo”

A obra represéntase no CEIP de Perlío este martes a partir das 10.00h. e ao seu remate haberá unha actividade de dinamización lectora
 
06-03-2017 -

Programa envellecemento activo e participación social - Tardes Activas

Inicio dos obradoiros o 7 de marzo. Actividades de memoria activa polas diferentes parroquias do concello.
06-03-2017 -

Carme Romero leva á Casa da Cultura as súas Meigas, sabias e mulleres boas

Inaugúrase o 7 de marzo ás 19.30h. a colección de pezas “Meigas, sabias e mulleres boas” na que homenaxea ás mulleres depositarias dun saber ancestral para curar males do corpo e da mente.
03-03-2017 -

Programa de actos para o 8 de marzo Día Internacional da Muller

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, comprácenos un ano máis informarvos das actuacións que terán lugar o día 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.
03-03-2017 -

Últimos días para que a rapazada se apunte na III edición do obradoiro de radio

Actividade que pretende achegarlle o medio á cativería e, ao revés, que a rapazada entre en contacto con el a través do xogo, a investigación e a creatividade sonora.
02-03-2017 -

Charla sobre a praga da pataca

Celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene o venres, 3 de marzo a partir das 18.00h.
01-03-2017 -

Resolución de aprobación da lista de aspirantes a funcionario interino como peón-tractorista

Conforme á proposta do tribunal de selección feita en acta do 14.02.2017.
27-02-2017 -

Fene inicia o seu entroido con propostas para a rapazada

A Concellaría de Cultura e Ensino de Fene preparou para estas festas do entroido unha programación específica para a rapazada na que lles propón dous obradoiros e un baile de disfraces, ademais da xornada central do Mércores de Cinza na que os nenos e nenas tamén serán protagonistas do desfile de máscaras.