Novas

16-01-2017 -

Lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo de chofer condutor

Publicada a resolución 43/2017, relativa a aprobación provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo de chofer condutor.
16-01-2017 -

Convocatoria de acreditación de competencias profesionais

O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa sobre as convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral.
16-01-2017 -

"GrafoArt. Alma en papel e tinta", ata o 10 de febreiro na Casa da Cultura

Unha escolma das obras de Myriam Cordero Garrido, algúns dos seus debuxos máis abraiantes estarán expostos desde o martes 17 de xaneiro ata o 10 de febreiro na Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene.
13-01-2017 -

A exposición fotográfica do Grupo Bazán cédelle o espazo desde o martes a unha colección de debuxos da artista Myriam Cordero "Objetivo Ferrol 2.0" dalle paso no Museo do Humor de Fene

Este sábado 14 de xaneiro finalizará a estadía en Fene da exposición “Objetivo Ferrol 2.0” 
12-01-2017 -

Luz verde ao regulamento do Punto Limpo de Vilar do Colo

As alcaldías de Fene, Cabanas, Ares, Mugardos e Neda alcanzaron este mércores o acordo sobre a redacción definitiva do regulamento de funcionamento do Punto Limpo de Vilar do Colo.
12-01-2017 -

Aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí da Deputación

Ata o día 23 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de preinscrición na campaña de esquí organizada pola Deputación da Coruña para a rapazada de entre 10 e 15 anos. Irán á estación leonesa de Leitariegos a primeiros de marzo por un prezo de 95€ con todo incluído.
10-01-2017 -

Resultado baremación lista de aspirantes a peón e peón-tractorista

Publicada a acta número 2 do tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a peón e peón-tractorista.
10-01-2017 -

A Concellaría de Medio Ambiente contabilizou 323 niños de velutina ao longo de 2016

A área municipal de Medio Ambiente acaba de facer balance dos avisos atendidos en relación coa vespa velutina nigrithorax durante o ano que acaba de pecharse.
05-01-2017 -

Servizos Sociais desenvolverá ata marzo un programa socioeducativo para mellorar as relacións dentro das familias e previr condutas adictivas

O programa leva o nome de “A familia, máis que un teito”. Un título que se refire á importancia do núcleo familiar na socialización infantil e como primeiro espazo educativo a través da comunicación, do tempo compartido e das emocións.
03-01-2017 -

Os Reis Magos entrarán en Fene por Perlío o xoves a partir das 18.00 horas

Unha cabalgata chea de luz e cor que arrancará no cruzamento de Perlío -fronte ao establecemento Aguilar- para percorrer as principais rúas do centro urbano ata chegar á praza do Concello, onde as SS.MM. escoitarán recordatorios do que ía posto nas misivas ou peticións de última hora.