Novas

19-09-2019

Aberto o prazo de solicitude nas instalacións deportivas municipais tempada 2019/2020

Dende o 19 de setembro, os equipos non federados, asociacións deportivas non federadas e particulares poderán solicitar as horas que queden libres despois de confeccionar o horario inicial de clubs federados do Concello. O prazo de solicitude será do 19 ao 26 de setembro.
18-09-2019

Entidades culturais, educativas e deportivas poden solicitar as axudas para as actividades organizadas en 2018

O Concello de Fene establece o prazo de solicitude ata o 1 de outubro ás 14:00 horas. Subvencionaranse gastos de funcionamento, mantemento e tamén de organización de eventos e actividades e desprazamentos

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da apertura do prazo de solicitude das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que van dirixidas a entidades culturais, deportivas e educativas sen ánimo de lucro. Coas mesmas, poderán afrontar gastos de mantemento, funcionamento e organización de actividades correspondentes ao ano 2018 ou ao curso 2017/2018.
10-09-2019

O Concello abre o prazo de matrícula nas escolas deportivas a próxima semana

O Concello de Fene abrirá a vindeira semana o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais que se celebrarán no curso 2019/2020, que se estenderá dende o 1 de outubro ata mediados ou finais de xuño, segundo os casos.

Este ano, o Concello de Fene ofrece un amplo abano de actividades, coma atletismo, pequedeporte, baloncesto, ximnasia rítmica, baile moderno, patinaxe, zumba, pilates, rehabilitación funcional, judo, karate e ioga. Na piscina, ofrécese aquagym e natación para todas as idades (dende bebés ata maiores), para embarazadas, para o postparto e mesmo natación terapéutica.
28-08-2019

Remata a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío

O alcalde, Gumersindo Galego, informou hoxe do remate das obras de mantemento e reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Os Pinares, en Perlío. Uns traballos que supuxeron un investimento de 47.672,62 euros e que permitirán resolver as deficiencias das instalación, que supoñían un problema para os usuarios.
21-08-2019

O Concello clausura as escolas deportivas de verán de tenis e kaiak

O alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Deportes, Tamara Miragaya, participarán na clausura das escolas deportivas de verán de tenis e kaiak, nos que tomaron parte máis de 80 rapaces e rapazas.
13-08-2019

O Concello de Fene executa a reforma dos vestiarios do campo de fútbol dos Pinares

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, avanzou esta mañá que o campo de fútbol dos Pinares, en Perlío, contará cun vestiario para mulleres, aseos accesibles e uns vestiarios renovados e sen humidades. Será unha vez conclúan as obras necesarias, na actualidade en execución, cun investimento de 39.914,87 euros que o Concello financia con cargo ao superávit.
29-07-2019

Horarios de adestramento de pretempada no campo de fútbol de Os Pinares

Rematado o prazo de solicitude de adestramento no Campo de Fútbol de Os Pinares para a pretemporada 2019-2020 para clubes federados do Concello de Fene (do 15 ao 26 de xullo), o Concello publica na web municipal os horarios definitivos.
29-07-2019

O Concello pon en marcha en agosto clases gratuítas de ximnasia ao aire libre

O Concello de Fene porá en marcha clases gratuítas de ximnasia de verán ao aire libre. As sesións arrancarán este xoves, 1 de agosto, e celebraranse ata o día 31 todos os luns, mércores e venres laborables en horario de 9,30 a 10,30. O escenario elixido será o paseo marítimo de San Valentín, xunto ao pavillón da Xunqueira e, no caso de choiva, as clases trasladaranse ao interior do recinto deportivo.
18-07-2019

Arrancan na praia de Almieiras os cursos de kaiak organizados polo Concello

Un total de 33 rapaces e rapazas participan dende esta semana nos cursos de kaiak organizados polo Concello de Fene no marco da programación municipal de actividades de verán. Desenvolveranse ata finais do mes de agosto na praia de Almieiras (Limodre) en dúas quendas: luns e mércores e martes e xoves. Nos dous casos, en horario de mañá.
10-07-2019

Publicado o listado de prazas libres nas escolas deportivas da piscina e pavillón da Xunqueira para o vindeiro curso

Rematado o prazo de reserva de prazas para as escolas da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2019/2020 (ao que puideron acollerse os/as usuarios/as matriculados no mes de xuño), a Concellería de Deportes fai público o listado de prazas libres nas escolas deportivas que se desenvolven nas devanditas instalacións municipais, de cara ao período de novas matriculacións que se abrirá no mes de setembro.