Artes Marciais Fene organiza, coa colaboración da AD Judo Ferrolterra e do Concello, unha fin de semana adicada ao judo en Fene

Artes Marciais Fene organiza, coa colaboración da AD Judo Ferrolterra e do Concello, unha fin de semana adicada ao judo en Fene

O pavillón da Xunqueira de San Valentín acolle este sábado a xornada “Deporte en idade escolar -Xogade”, da Xunta de Galicia, evento no que tomarán parte ao redor de douscentos judokas de distintos clubes das comarcas de Ferrolterra, Lugo e Santiago. A recepción aos participantes terá lugar a partir das 10.00 horas e, media hora máis tarde, comezarán as distintas actividades programadas. Segundo informan dende a Concellería de Deportes, haberá entrega de medallas durante toda a xornada, a medida que os judokas finalicen a súa participación. A xornada”Deporte en idade escolar” concluirá ao redor das 12.00 horas.

Tamen este sábado terá lugar en San Valentín a Liga Galicia Rías Altas de judo, na que tomarán parte clubes de Ferrolterra, Coruña, Arteixo, Bergantiños, Santiago, Lugo, A Estrada e Cambre, entroutros. A competición comenzará as 15:30h coa recepción e pesaxe de judokas. Os alevins serán os primeiros en competir ás 16:15h, seguidos dos infantis ás 18:00h, e para pechar a xornada, os cadetes que comezarán a competir ás 19:15h. Neste caso, a entrega de medallas tamén terá lugar ao longo da tarde, segundo vaian rematando os diferentes pesos nas suas categorías.

E xa o domingo, en horario de mañá, terán lugar os exames de club de pase de grado: de cinturón branco a laranxa, coa participación de judokas da comarca de Ferrolterra.

Actividades organizadas polo clube Artes Marciais Fene, coa colaboración de AD Judo Ferrolterra e do Concello de Fene.