A problemática das vespas asiáticas, as medidas para o seu control e primeiros auxilios no caso de picadura, temas da primeira sesión de Contando Ciencia
09-11-2026
A sexta edición de Contando Ciencia comeza en Fene este xoves, 12 de novembro, co relatorio “Control da velutina e outras vespas asiáticas”, a cargo do responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Rafael Díaz Nieto. No devir desta charla, prevista para as 19.30 horas na Casa da Cultura con entrada libre e de balde, o técnico apícola e falará sobre os danos que conleva a velutina e o resto de avispas asiáticas asentadas en España (Soror en Asturias, Orientalis e Bicolor en Andalucía); do risco que supón para as persoas do rural; da incidencia nas produccións agrarias (apicultura, fruticultura e forestal) e no medio ambiente en xeral; e das medidas básicas para o seu control no rural, así como dos primeros auxilios no caso de ataque ou picadura destes insectos.
Rafael Díaz Nieto é técnico apícola e apicultor dende os 17 años e conta na actualidade con 150 colmeas en Ferrolterra e 80 na montaña Lucense. Amais de responsable comarcal da Asociación Galega de Apicultura (AGA) é presidente da Cooperativa APINOR (Apícola del Noroeste, primera cooperativa apícola creada en Galicia no 1986). E posúe distintos cargos en varias entidades agrarias da comarca: UCAFE (Unión de Cooperativas Agrarias de Ferrolterra), Asociación Agrarista Círculo Gacela de Ferrol, etc.
Trala cita deste xoves, a vindeira conferencia de Contando Ciencia será o xoves 10 de decembro e correrá a cargo de Elena Brozos Vázquez, doutora en Medicina Clínica e médica adxunta no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. O tema que abordará será "Moverse para vivir mellor. Exercizo físico antes, durante e despois do cancro".
Contando Ciencia é un ciclo organizado pola Concellería de Ensino de Fene coa colaboración do IES de Fene. Coordina a mestra Violeta Miraz Seco.
